As eleccións ao Parlamento de Galicia de 1985 celebráronse o 24 de novembro. Cun censo de 2 226 449 electores, os votantes foron 1 277 897 (57,4%) e 948.552 as abstencións (41,9%). Contabilizáronse 8.627 (0,7%) votos en branco. Coalición Popular gañou por maioría relativa, e conseguiu manter de presidente da Xunta de Galicia a Xerardo Fernández Albor grazas á abstención de Coalición Galega, o que provocaría unha escisión de 5 deputados neste partido encabezados por Pablo González Mariñas que pasaron ao Grupo Mixto. En setembro de 1986 ese grupo de deputados crean o Partido Nacionalista Galego. Tamén ese ano, o PDP, e en 1987 o PL, abandonan CP pero permanecen no Grupo Popular.
En outubro de 1986 Xosé Luís Barreiro é destituído como Vicepresidente da Xunta e expulsado de AP, formando xunto con outros 4 deputados desta o seu propio grupo político, Unión Democrática Galega (UDG), que en xuño de 1987 se integrou en Coalición Galega. En xullo dese ano un deputado de CG dimite e o seu substituto inscríbese no Grupo Popular.
Como resultado deste cambio de correlación de forzas, en novembro de 1987 aprobouse unha moción de censura que permitiu a investidura como presidente da Xunta a Fernando González Laxe (PSdeG-PSOE), co apoio de PSdG, CG-UDG, PNG e PSG-EG, co voto en contra de AP e a abstención do BNG.
En 1988 o PNG e o Partido Galeguista Nacionalista fusiónanse para formar o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG), e en febreiro dese mesmo ano o líder do PDP Alejandrino Fernández Barreiro pásase do Grupo Popular ao de Coalición Galega. Finalmente, entre 1988 e 1989, dous deputados do PSdG e dous do PNG-PG pásanse ao Grupo Mixto.
Resultados ← Eleccións ao Parlamento de Galicia 1985 → Presidente e goberno Partido Candidato Votos % Escanos +/- Presidente: Xerardo Fernández Albor (1985-novembro 1987) Fernando González Laxe (novembro 1987-1989) Goberno: CP (1985-novembro 1987) PSdeG-PNG-CG (novembro 1987-1989) Censo: 2 226 449 Votantes: 1 277 897 (57,4%) Abstención: 948.552 (42,6%) Válidos: 1 262 564 A candidatura: 1 253 937 (99,3%) Escanos: 71Coalición Popular de Galicia (AP-PDP-PL) a Gerardo Fernández Albor 516.218 40,4 34b +8Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSG-PSOE) Fernando González Laxe 361.948 28,3 22 +6Coalición Galega (CG) Pablo González Mariñas 165.425 12,811 +11Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (PSG-EG) Camilo Nogueira 71.599 5,75 3 +2 cBloque Nacionalista Galego (BNG) Xosé Manuel Beiras 53.972 4,23 1 -2Centro Democrático y Social (CDS) 41.411 3,30 0Partido Comunista de Galicia (PCG-PCE) 10.625 0,85 0 -1Partido Socialista dos Traballadores (PST) 9.689 0,77 0Partido Comunista de Galicia (Marxista-Revolucionario) (PCG (m-r)) 8.318 0,660Plataforma Humanista (PH) 7.280 0,58 0Partido Galego do Campo (PGC) 3.172 0,250Falange Española de las JONS (FE JONS) 2.922 0,230Partido Comunista de España (m-l) (PCE (m-l)) 1.554 0,120Unidade Socialista Galega (USG) 1.379 0,110Movemento Comunista de Galicia (MCG) 1.327 0,110Unión de Centro Democrático (UCD) N/A N/A0 -24En branco 8.627 0,70 N/A N/ANulos N/A N/A
a Máis Centristas de Galicia. b Deles 20 de AP, 7 do PDP, 4 do PL, 2 de CdG e 1 independente. c Respecto al PSG y EG por separado en 1981.
Parlamentarios electos Por Coalición Popular Xerardo Fernández Albor. Baixa 10-7-1989. Substituído por Ángel Ramón Mesa Torreiro. Xosé Luís Barreiro Rivas Antonio Rosón Pérez. Baixa 24-4-1986. Substituído por Nazario Pin Fernández. Tomás Pérez Vidal José Luis Alonso Riego José Ramón Cociña García Luis Cordeiro Rodríguez Juan Manuel Corral Pérez Ramón Díaz del Río Jáudenes. Baixa 14-7-1987. Substituído por Manuel Andrés García Picher. Pablo Egerique Martínez Alejandrino Fernández Barreiro José Antonio Franco Cerdeira José Antonio Gago Lorenzo Fernando Garrido Valenzuela Jesús Gayoso Rey. Baixa 19-2-1987. Substituído por José Luís Castro Agrasar. Emma Rosa González Bermello Fernando González Suárez José María Hernández Cochón Manuel Iglesias Corral. Baixa 8-9-1989. Substituído por Jesús María Fernández Rosende. José Miñones Trillo Aurelio Domingo Miras Portugal Manuel Núñez Carreira Juan Manuel Páramo Neira Fernando Alfredo Pensado Barbeira Ricardo Pérez Queiruga. Baixa 14-7-1987. Substituído por Xerardo Conde Roa. Fernando Carlos Rodríguez Pérez Antonio Sangiao Pumar Francisco Javier Suárez-Vence Santiso Eladio Tesouro Romero José Luis Ramón Torres Colomer Rafael Valcarce Baiget Víctor Manuel Vázquez Portomeñe Ramón de Vicente Vázquez Constantino Vila López Manuel Ángel Villanueva Cendón
Polo PSdeG Fernando Ignacio González Laxe Gonzalo Adrio Barreiro Miguel Barros Puente Ramón Félix Blanco Gómez Manuel Blanco Suárez Antonio Martín Ramón Campos Romay Antonio Carro Fernández-Valmayor Alfredo Conde Cid Manuel Couce Pereiro. Baixa 12-9-1989. Substituído por José Luís Suárez Cotelo. Manuel Ceferino Díaz Díaz Antonio Edelmiro Gato Soengas José Giráldez Maneiro Francisco González Amadiós Fernando Martínez González Jesús Mosquera Sueiro. Baixa 2-12-1988. Substituído por Rosa Gómez Limia. José Federico Nogueira Fernández Xulio Xosé Pardellas de Blas Antolín Sánchez Presedo Pablo Ángel Sande García. Baixa 2-5-1989. Substituído por José Moas Pazos. José Javier Suances Pereiro Manuel Guillermo Varela Flores. Baixa 7-7-1986. Substituído por Ismael Rego González. Manuel Veiga Pombo. Baixa 14-12-1987. Substituído por Alfredo Atrio García.
Por Coalición Galega Pablo González Mariñas Senén Bernárdez Álvarez. Baixa 7-7-1986. Substituído por Emilio González Afonso. José Carlos Mella Villar Antonio Olives Quintás Santos Oujo Bello Pablo Padín Sánchez Xosé Henrique Rodríguez Peña José Romero Becerra Cándido Sánchez Castiñeiras Celestino Torres Rodríguez. Baixa 14-7-1987. Substituído por Ildefonso Piñeiro Mouriño.
Polo Partido Socialista Galego-Esquerda Galega Camilo Nogueira Román Antonio Martínez Aneiros Ángel Fernando Martínez Randulfe
Polo BNPG Xosé Manuel Beiras Torrado
Investidura do Presidente da Xunta de Galicia En xaneiro de 1986, Albor postulouse para a presidencia da Xunta, mais perdeu nas dúas primeiras votacións, con todas as forzas políticas, agás CP, votando na súa contra. Finalmente, ao mes seguinte, CG anunciou a súa decisión de absterse, o que lle permitiu a Albor ser elixido para un segundo mandato o 22 de febreiro, con 34 votos a prol, 26 en contra e 11 abstencións, na segunda volta da nova votación. Candidato Data Voto 35px|link=Coalición Popular 35px|link=Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE 35px|link=Coalición Galega 35px|link=Partido Socialista Galego-Esquerda Galega35px|link=Bloque Nacionalista Galego Total Xerardo Fernández Albor(CP) 16 de xaneiro de 1986Maioría requirida:Absoluta (36/71)Si34 20pxNon 221131 Abstención 17 de xaneiro de 1986Maioría requirida:Simple Si34 20pxNon 221131 Abstención Xerardo Fernández Albor(CP) 20 de febreiro de 1986Maioría requirida:Absoluta (36/71)Si33 20pxNon 22 31 Abstención 10 21 de febreiro de 1986Maioría requirida:Simple 20pxSi34 Non 22 31 Abstención 11
Faltou á primeira votación da segunda investidura un deputado de CG
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Datos das eleccións autonómicas galegas de 1985
Categoría:Eleccións ao Parlamento de Galicia Categoría:1985 en Galicia Categoría:Eleccións celebradas en 1985