Alarico I (en gótico, *𐌰𐌻𐌰𐍂𐌴𐌹𐌺𐍃, Alhareiks -rei de todos-;Harder 1986, pp. 10–11 en latín: Alaricus), nado na illa de Peuce (no delta do Danubio) no ano 370 e finado en Cosenza no ano 410, foi un caudillo tervingo da dinastía baltinga, que se converteu en rei dos visigodos (395-410). Era fillo do caudillo visigodo Rocestes ou RocesthesSettipan (1993), Táboa 1 e irmán (ou sobriño) de Afarid.Biografías y Vidas - Alarico I

Traxectoria Foi o primeiro líder xermánico en tomar a cidade de Roma, no famoso saqueo de Roma en 410.Maier (1986), p. 128 O saqueo foi resultado do fracaso das negociacións entre Alarico e o Imperio na tentativa de obter un posto de mando para si mesmo no exército romano.

miniatura|esquerda|Alarico I, reprodución fotográfica de 1894 dunha pintura de Ludwig Thiersch. No século IV era común que o Imperio Romano utilizase dos bárbaros como tropas auxiliares, nas súas campañas militares. Estas tropas oriúndas de pobos foederati, sometidas ao mando dos xenerais romanos. Alarico era un líder dun grupo de soldados e serviu baixo o emperador Teodosio I o Grande até a morte deste en 395.

O Imperio entón foi dividido entre os sucesores de Teodosio: o Imperio Romano do Oriente con Arcadio, e o Imperio Romano do Occidente con Honorio. Non tendo atendido seu desexo dun posto no exército romano, Alarico rebelouse e promoveu tres cercos a Roma, o último dos cales culminou co saqueo os días 25, 26 e 27 de agosto de 410.http://www.livrariagalileu.com.br/home/detalhe.asp?id_livro=146363&buscape Libro do autor KULIKOWSKI, Michael Nunha posición de forza, Alarico continuou a súa marcha cara ao sur co fin de pasar a África, pero faleceu en Cosenza de forma repentina.

Segundo unha lenda aparecida tres séculos máis tarde, enterraríase baixo a cama do río Busento, en Cosenza, Calabria: desvíase o río e cávase a súa tumba, entérrase o seu corpo cun importante tesouro, matan aos escravos que cavaran a tumba enterrándoos con el para gardar o segredo, o río logo recobre o seu curso.

miniatura|Enterramento de Alarico I. Aínda que se fala del como o primeiro dos reis visigodos, foi máis ben un caudillo militar e nunca chegou a pisar a Península Ibérica. A liña de reis godos empeza propiamente co seu sucesor, primo e cuñado, Ataúlfo, que, casado con Gala Placidia en 414, atopou a morte na cidade de Barcino en 415. Con todo, o certo é que aínda que o Reino visigodo de Tolosa como estado federado de Roma (418-476) estaba asentado na Aquitania secunda, polo que a súa política e intervencións militares quedaban lonxe de Hispania, as intervencións de Teodorico I o Grande (418-453) en Hispania van ser numerosas, xa sexa como pobo federado de Roma ou por iniciativa propia. A pesar de todo, só tras a derrota visigoda na batalla de Vouillé e o período chamado interregnum visigodo (507-549), terá lugar o nacemento do Reino visigodo de Toledo, onde seu pobo estabeleceuse após súa morte.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Reino visigodo Lista dos reis visigodos Moeda visigoda

Categoría:Reis visigodos Categoría:Nados en 370 Categoría:Finados en 410 Categoría:Século V Categoría:Dinastía Baltinga