O Košarkaški klub Cibona, comunmente coñecido como Cibona Zagreb, é un club de baloncesto da cidade de Zagreb, Croacia. Actualmente compite na A1 Liga, a máxima competición do baloncesto croata, así como na Liga do Adriático e a Euroliga. Disputa os seus partidos como local no Dražen Petrović Basketball Hall, cunha capacidade para 5.400 espectadores.

Historia Foi fundado en 1946 co nome de BC Sloboda (palabra que en croata significa "liberdade"). O club trocou de nome en 1950 para denominarse Lokomotiva ata 1975, cando pasou a denominarse "Cibona" ao adoptar o nome do seu patrocinador, unha empresa de alimentación. A inxección económica que supuxo a chegada do patrocinador, e a aparición dunha extraordinaria xeración de xoves xogadores croatas permitiu que o club vivira os seus mellores nos anos oitenta cando, liderados por Dražen Petrović, converteuse nun dos mellores conxuntos de Europa. Chegou a conquistar dúas copas de Europa, dúas Recopas de Europa e unha Copa Korać, ademais de dominar claramente o baloncesto iugoslavo. Trala desintegración de Iugoslavia, o Cibona consolidouse como un dos dous grandes dominadores do baloncesto croata, xunto ao KK Split.

Pavillón

O KK cibona xoga os seus encontros coma local no Dražen Petrović Basketball Hall (en croata: Košarkaški centar Dražen Petrović ou Dvorana Dražen Petrović). É un pavillón deportivo cuberto, situado en Zagreb, cunha capacidade para 5.400 espectadores.

O pavillón foi construído en 1987, coñecido entón co nome de Cibona Sports Center. En 1993 cambiou ao nome coma homenaxe ao lendario xogador croata de baloncesto de Europa e a NBA, membro do Basketball Hall of Fame, Dražen Petrović. Petrović, que xogou no Cibona Zagreb, morrera ese mesmo ano, con tan só vinte e oito anos, anos nun accidente de tráfico, na metade da súa carreira.

Palmarés miniatura|300px|As camisolas de Mihovil Nakić, Dražen Petrović e Andro Knego pendurando do teito do Dražen Petrović Basketball Hall. miniatura|300px|Campións de Croacia 2010. Doméstico Liga de Iugoslavia Campións (3): 1981-82, 1983-84, 1984-85 Copa de Iugoslavia Campións (8): 1968-69, 1979–80, 1980–81, 1981–82, 1982–83, 1984–85, 1985–86, 1987-88 Liga de Croacia Campións (18): 1991-92, 1992–93, 1993–94, 1994–95, 1995–96, 1996–97, 1997–98, 1998–99, 1999-00, 2000–01, 2001–02, 2003–04, 2005–06, 2006–07, 2008–09, 2009-10, 2011-12, 2012-13 Copa de Croacia Campións (7): 1994-95, 1995–96, 1998–99, 2000–01, 2001–02, 2008–09, 2012–13

Rexional ABA Liga Campións (1): 2013-14 Subcampións (3): 2003-04, 2008-09, 2009-10

Europeo Euroliga Campións (2): 1984-85, 1985-86 Copa Saporta Campións (2): 1981-82, 1986-87 Copa Korać Campións (1): 1972 Subcampións (2): 1979-80, 1987-88

Non oficial Tripla Coroa Campións (1): 1984-85

Xogadores Cadro actual {| class="toccolours" style="font-size: 95%; width: 90%; " ! colspan="2" style="background-color: #002FA7; color:#ffffff; text-align: center;" | KK Cibona 2015−2016 |- style="background-color: #002FA7; color:#ffffff; text-align: center;" ! Xogadores !! Adestradores |- | valign="top" | {| class="sortable" style="background:transparent; margin:0px; width:100%;" ! Pos. !! # !! Nac. !! Nome !! Altura !! Peso

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Cibona Cibona Cibona Cibona