Rede de estradas de alta capacidade ou Vías de altas prestacións (VAP) é unha denominación que engloba ás autoestradas, autovías e corredores ou vías para automóbiles (vías rápidas). A principal característica destas vías é que os accesos á mesma están limitados, non contan con cruces ó mesmo nivel durante o seu percorrido e as autovías e autoestradas contan ademais con calzadas separadas para cada sentido de circulación.

Nomenclatura

AP Autoestradas de peaxe pertencentes ó Ministerio de Fomento. A Autoestradas e autovías sen peaxe pertencentes ó Ministerio de Fomento. AG Autoestradas e autovías dependentes da Xunta de Galicia. CG, VG, Corredores e vías galegas. Se ten un "G" significa que a súa administración pertence á Xunta.

Categoría:Estradas de Galicia