Loge ou Saturno XLVI, é unha pequena lúa de Saturno. Foi descuberta por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt, Jan Kleyna, e Brian G. Marsden o 26 de xuño do 2006, a partir de observacións feitas entre xaneiro e abril do 2006 e recibiu a designación temporal de S/2006 S 5.

Loge ten uns 6 km de diámetro e orbita Saturno a unha distancia media de 23,142 millóns de km en 1314.364 días, cunha inclinación orbital de 166,5° respecto da eclíptica (165,3° respecto do ecuador de Saturno), de movemento retrógrado e cunha excentricidade de 0,139.

Recibiu o seu nome oficial en abril do 2007 a partir da mitoloxía nórdica, nesta mitoloxía, Logi era un xigante do lume, fillo de Fornjót, ás veces confundido co deus Loki.

Véxase tamén

Outros artigos Grupo Nórdico Saturno

Ligazóns externas

Institute for Astronomy Saturn Satellite Data IAUC 8727: Satellites of Saturn 30 de xuño do 2006 (descubrimento) MPEC 2006-M45: Eight New Satellites of Saturn 26 de xuño do 2006 (descubrimento e efemérides) IAUC 8826: Satellites of Jupiter and Saturn 5 de abril do 2007 (nomeando a lúa)

Categoría:Lúas de Saturno