Radio Redondela e unha emisora de radio da frecuencia modulada, de titularidade pública (municipal). Descrición Comezou a emitir en 2002 e ten a súa sede na segunda planta da Casa da Cultura de Redondela, Pontevedra. Recíbese a través da frecuencia dos 94.9 MHz,Una emisora de Vigo denuncia interferencias... , artigo en Faro de Vigo o 28/03/2007 . ou de Internet. A fala empregada neste medio é o galego. O concelleiro responsable é Xosé Carlos Pazos Docampo,... Pazos Docampo ... Presidente do Consello de Administración de Radio Redondela, BOP do 8/03/04, páx. 18. e Susana Queimaliños a directora. Programación Na súa programación hai música, con cancións, entre outras linguas, en galego, castelán, portugués, inglés e francés, informativos locais e outros tipos de contidos. Emite programas da rede EMUGA coma 18 Rodas, A música da túa vida, Arredor de Nos, Informativo Galicia, Rockfusión ou Stars. E entre a lista de programas de produción propia están A Estación, Brasil moito alén, Cancións para xordos, Informativo, Living House ou Tempo de Jazz.A Radio municipal organiza un concerto de jazz..., artigo en VigoMetropolitano.com o 14/12/2007. Notas
Véxase tamén Bibliografía Guía de Medios Audiovisuais de Galicia, 54 páx., Arquivo de Comunicación, Consello da Cultura Galega. Outros artigos Emisoras Municipais Galegas. Ligazóns externas Radio Redondela, páxina oficial. Escoitar Radio Redondela en directo.
Categoría:Emisoras de radio municipais de Galicia Categoría:Medios de comunicación de Redondela