O metal industrial é un xénero do heavy metal que procede da música industrial e de distintas formas do heavy metal, usando repetitivos riffs de guitarra do metal, audios sampleados, sintetizadores ou liñas secuenciadas e voces distorsionadas. Importantes bandas do metal industrial son Nine Inch Nails, Rammstein, Ministry, Godflesh e KMFDM.Di Perna A 1995, p. 69

O metal industrial desenvolveuse a finais da década de 1980, cando a música industrial e o metal comezaron a fusionarse nun xénero común. O metal industrial tivo moito éxito a principios dos 90, especialmente en América do Norte,Wiederhorn 1994, p. 64 co éxito de grupos como Nine Inch Nails, pero a súa popularidade comezou a esvaecer na segunda metade desa década.

Notas

Categoría:Xéneros musicais