Acontecementos Prusia incorpora Silesia a custa de Austria. 2 de xaneiro, Inglaterra declara a guerra a España (nótese que é o 250 aniversario de 1492).
Arte e cultura Georg Friedrich Händel compón "O Mesías". François Boucher pinta Diana saíndo do baño.
Ciencias O astrónomo sueco Anders Celsius propón a substitución da escala de temperaturas Fahrenheit pola escala centesimal. Christian Goldbach enuncia un dos problemas non resoltos máis antigos nas matemáticas, a conxectura de Goldbach.
Nacementos 11 de febreiro - Ramón Lázaro de Dou y de Bassols, político catalán (m. 1832). 18 de maio - Félix de Azara, militar, naturalista e enxeñeiro español (m. 1821). 14 de agosto - Pío VII, papa (m. 1823). 9 de decembro - Carl Wilhelm Scheele, químico sueco (m. 1786). 16 de decembro - Gebhard Leberecht von Blücher, xeneral prusiano (m. 1819). 24 de decembro - Gregorio Ferro Requeijo, pintor neoclasicista galego (m. 1812)
Mortes 14 de xaneiro - Edmund Halley, astrónomo inglés (n. 1656). 23 de marzo - Jean-Baptiste Dubos, historiador e filósofo francés (n. 1679). 25 de agosto - Carlos Seixas, compositor portugués (n. 1704). Narciso Tomé, arquitecto e escultor castelán (n. 1690).
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1742