A lingua tártara ou tátara (; ) é unha lingua turca, a lingua dos tártaros. Fálano seis millóns de persoas na república rusa de Tatarstán, en Baskiria e outras comunidades de Rusia.

Escritura Os antepasados do pobo tártaro usaron o alfabeto orkhon. No século X empezou a usarse o alfabeto árabe. En 1927 foi adoptado o yanalif (en ruso: яналиф), un alfabeto baseado no latino, xa que por entón as autoridades comunistas querían latinizar a escritura de todas as linguas da antiga Unión Soviética. En 1939 este alfabeto foi substituído por un baseado no alfabeto cirílico.

O 15 de setembro de 1999 unha lei da república rusa de Tatarstán reintroduciu o alfabeto latino, agora denominado yanalif-2. Pero o 16 de novembro de 2004 o Tribunal Constitucional da Federación Rusa derrogou dita lei por incompatibilidades coa Constitución de Rusia.A resolución do Tribunal Constitucional da Federación Rusa Polo tanto de iure o alfabeto do tártaro é o baseado no alfabeto cirílico, aínda que moitas veces úsase de facto o alfabeto latinizado.

Clasificación O tártaro é unha lingua turca, considerada parte da disputada familia altaica de linguas.

Distribución xeográfica O tártaro fálase en partes de Europa, Rusia, China, Turquía, Polonia, Ucraína, Finlandia, Estonia e Asia Central.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en tártaro Pobo tártaro Lista de linguas de Rusia

Ligazóns externas

O tártaro no Ethnologue

Categoría:Linguas turcas Categoría:Tártaros Categoría:Linguas de Azerbaidján Categoría:Linguas de Kazakhstán Categoría:Linguas da China Categoría:Linguas de Finlandia Categoría:Linguas de Rusia Categoría:Linguas de Turquía Categoría:Linguas de Ucraína Categoría:Linguas de Uzbekistán Categoría:Linguas aglutinantes