O Bizkaia Arena é un pavillón multiúsos situado no complexo Bilbao Exhibition Centre, en Barakaldo, Biscaia (Euskadi). É o maior pavillón de usos múltiples en España, xa que pode albergar até 26.000 persoas, 18.640 para a maioría dos deportes de interior. Forma parte do Complexo Bilbao Exhibition Centre (BEC), a Feira de Mostras de Bilbao.

Usos O lugar é escenario habitual de partidos de baloncesto, contando cunha capacidade para este deporte de 15.414 espectadores.Scoresway.us Bizkaia Arena Capacity: 15414. Dende 2009, é o o fogar do Bilbao Basket (en 2007 e 2008, utilizouse en diversas ocasións para os encontros máis atractivos). O pavillón foi sede da fase final da Copa do Rei de Baloncesto 2010, e unha das sedes do Mundial de Baloncesto 2014. Varios grupos internacionais de música realizaron concertos no Bizkaia Area, incluíndo Bryan Adams (2005), The Who (2006), Bruce Springsteen (2007), AC/DC (Black Ice World Tour, 2009), Leonard Cohen (2009), Jonas Brothers (2009), Rammstein (2009) ou Chuck Berry. O recinto tamén foi utilizado para outro tipo de espectáculos como ópera,, discursos políticos e reunións relixiosas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Sitio web oficial do Bilbao Basket Sitio web oficial do Bilbao Exhibition Centre

Categoría:Pavillóns de España Categoría:Pavillóns de baloncesto de España Categoría:Deporte en Barakaldo