A ferberita é un mineral de tungsteno e ferro de fórmula química FeWO4. O seu nome provén de Rudolph Ferber, mineraloxista afeccionado, que encontrou en 1863 este mineral en Serra Almagrera (provincia de Almería).

Propiedades A ferberita é un mineral negro ou gris escuro cuxa composición química é FeO 23,65 % e WO3 76,35 %. Como impurezas pode conter niobio, tántalo e escandio. Funde facilmente e é soluble tanto en ácido clorhídrico como en ácido sulfúrico.

É da mesma serie que a hübnerita, pero mentres esta última é o extremo rico en manganeso, a ferberita encóntrase no extremo rico en ferro. Entre ambos está a volframita, que contén tanto ferro como manganeso en proporcións variables entre o 20% e o 80%. Dos tres membros da serie, a ferberita é a máis rara.

Morfoloxía e formación Preséntase como cristais tabulares e prismáticos, e tamén como agregados masivos e granulares. Tipicamente áchase canda a pegmatitas o en vetas hidrotermais de altas temperaturas.

Depósitos É un mineral bastante raro. Ademais do depósito situado en Serra Almagrera (Cuevas de Almanzora), existen depósitos no val de Rankach (Wolfach, Alemaña) e en Les Chaillats (Puy-de-Dôme, Francia). Tamén hai depósitos en Bolivia, en lugares como Llallagua (Departamento de Potosí) e Huanuni (Departamento de Oruro), e encontráronse bos exemplares na Mina de Panasqueira, unha mina de volframio en Castelo Branco, Portugal.

Véxase tamén

Outros artigos Lista de minerais

Ligazóns externas Ferberita (Mindat.org) Ferberite mineral data (Webmineral) Handbook of Mineralogy

Categoría:Minerais