Pascuala Campos de Michelena, nada en Sabiote (provincia de Xaén) o 2 de marzo de 1938, é unha arquitecta andaluza, radicada en Pontevedra (2004): Artistas galegos. Arquitectos, páx. 78-85. Nova Galicia Edicións. ISBN 978-84-962-9369-4.

Foi a primeira muller catedrática de Proxectos Arquitectónicos da universidade española, en 1995, acadado coa presentación do traballo Espazo e Xénero.​

Traxectoria dereita|miniatura|Casa Consistorial de Pontecesures. Obtivo o título de arquitecta pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona no ano 1966, aínda que iniciou os seus estudos de arquitectura en Madrid.

Logo de casar co tamén arquitecto César Portela trasladouse a vivir a Pontevedra, e levaron a cabo os seus proxectos en colaboración. Unha das súas primeiras obras é a casa para o párroco de Marín (1968), un atrevido prisma de formigón sobre pilotes anexo á igrexa barroca"Pascuala Campos de Michelena: Una arquitectura emocional", artigo de Cristina García-Rosales en La mujer construye, 9 de marzo de 2010 .. O edificio da lonxa de Bueu (1971-1972) e o conxunto de vivendas para o poboado xitano da Caeira (1971-1973) foron seleccionados para a exposición «Arquitectura y Racionalismo. Aldo Rossi + 21 Arquitectos Españoles», itinerante por distintas cidades entre setembro de 1975 e outubro de 1976 e vinculada á revista 2C. Construcción de la Ciudad.<ref>2C: construcción de la ciudad n.º 8, 1977.</ref> Outras das súas obras desa época son un bloque de vivendas no polígono urbano de Campolongo (1973) e as casas consistoriais de Pontecesures (1973-1975) e Forcarei (1974-1980).Quixal, J. (2015): Pascuala Campos de Michelena, no blog Un día/una arquitecta .

Entre os seus traballos posteriores destaca a Escola de Formación Pesqueira (A Illa de Arousa, 1990), vencedora dun concurso estatal e seleccionada para a mostra Lugar, Memoria e Proxecto. Galicia: 1974-1994 (Santiago de Compostela, 1995) e para a exposición Construir desde el interior, unha selección da obra de 35 arquitectas españolas (Madrid, 2000). Tamén é autora de varias intervencións no patrimonio, como a actuación en Combarro (1984, centrada nos hórreos), a restauración da igrexa de Sabucedo e a súa contorna (1998, xunto a Inmaculada Garcés NavarroCOAG Obradoiro, COAG, 2000, Santiago de Compostela, nº28, pp. 55-57. ISSN: 0211-6065.), ou a rehabilitación da súa propia vivenda en Pontevedra, que conserva unha fachada de 1683 fronte á basílica de Santa María. Xunto a Amparo Casares Gallego proxectou en 2005 un centro de día para enfermos de alzhéimer na Coruña. miniatura|Casa do concello de Forcarei. Foi profesora da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña durante máis de vinte anos e conseguiu ser en 1995 a primeira Catedrática de Proxectos Arquitectónicos dentro da Universidade española cun traballo sobre Espazo e Xénero. (2011): "As mulleres arquitectas de Galicia: o seu papel na profesión e no ensino da profesión (o exercicio da arquitectura en Galicia desde unha perspectiva de xénero)". Universidade da Coruña. Como colaboradora non permanente, asiste a empresa Consultora Galega SL.Quen somos? na web de Consultora Galega SL.

Sensibilizada co feminismo,«Los grandes proyectos, no digo buenos, los hacen hombres», entrevista a Pascuala Campos de B. R. Sotelino en La Voz de Galicia, 31 de outubro de 2008. participa en foros sobre Espazo e Xénero. Entre 1993 e 1994 codirixiu o curso Urbanismo y Mujer: Nuevas visiones sobre el espacio público y privado. No VI Congreso Iberoamericano de Ciencia, Tecnología y Género (Zaragoza, 2006) participou na Mesa Redonda sobre "Experiencias y genealogías para las científicas de hoy".VI Congreso Iberoamericano de Ciencia, Tecnología y género .

Obras Casa para o párroco de Marín (1968). Vivendas para xitanos na Caeira (1971-1973, en colaboración con César Portela) Casa consistorial de Pontecesures (1975) Casa consistorial de Forcarei (1980) Escola de Formación Pesqueira na Illa de Arousa (1990) Restauración da igrexa de Sabucedo (A Estrada) e a súa contorna (1998, en colaboración con Inmaculada Garcés Navarro)

Relatorios en Congresos 2006. VI Congreso Iberoamericano de Ciencia, Tecnología y Género, Zaragoza: Otras arquitecturas, otros cuerpos. En Actas Libro Final pp. 63–66 2010. I Congreso sobre Alzheimer y Arquitectura “La Arquitectura de los Recuerdos”. Consejos prácticos para la construcción o ampliación de un centro de Alzheimer.''

Premios e recoñecementos

2023ː Premio do COAG (Colexio de Arquitectos de Galicia).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas B. R. Sotelino «Los grandes proyectos, no digo buenos, los hacen hombres» 1/11/2008 .

Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX Categoría:Arquitectos de Galicia do século XXI Categoría:Nados en 1938 Categoría:Nados na provincia de Xaén Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Cataluña Categoría:Catedráticos da Universidade da Coruña