Para o medio de comunicación véxase Televisión.
Television é unha banda estadounidense formada en Nova York en 1973. A pesar de que a banda nunca tivo máis que un público de culto no seu país de orixe, acadaron un significante éxito comercial en Europa. Hoxe son amplamente recoñecidos como un dos fundadores, e unha das primeiras influencias do punk rock.
Television era parte da primeira escena underground de Nova York, contemporánea de bandas coma Patti Smith Group e os Ramones. A diferenza destes últimos centráronse nun rock 'n' roll minimalista, e a música de Television era máis técnica, definindo ben as dúas guitarras de Tom Verlaine e Richard Lloyd.
Historia
Formación As raíces de Television poden remontarse á amizade entre Tom Verlaine e Richard Hell. O dúo coñeceuse no Sanford School en Hockessin, Delaware, de onde escaparon.Waterman 2011, p. 18 Os dous mudáronse a Nova York por separado a principios dos anos 70 aspirando a ser poetas.Waterman 2011, p. 25
O seu primeiro grupo xuntos foi Neon Boys, formado por Verlaine na guitarra e nas voces, Hell no baixo e nas voces e Billy Ficca na batería.Wallace & Manitoba 2007, p. 254 A banda durou dende finais de 1972 ata o 11 de marzo de 1973. En 1980 publicouse un sinxelo en 7 polgadas cos temas "That's All I Know (Right Now)" e "Love Comes in Spurts".Waterman 2011, p. 103
O 12 de marzo de 1973 o grupo reformouse, pasando a chamarse Television e recrutando a Richard Lloyd como segundo guitarrista. O seu primeiro concerto foi no Townhouse Theatre o 2 de marzo de 1974. O seu representante, Terry Ork, persuadiu ao dono de CBGB Hilly Kristal para darlle á banda actuacións regulares no club, onde construíu a súa primeira etapa. Tras realizar varios concertos no CBGB a principios de 1974,Waterman 2011, p. 63 tocaron no Max's Kansas City e noutros clubs, volvendo ao CBGB en xaneiro de 1975, e establecendo un significativo seguimento de culto.
Marcha de Richard Hell e primeiro lanzamento Inicialmente, as tarefas de composición repartíanse case a partes iguais entre Hell e Verlaine, colaborando Lloyd de cando en vez.Thompson 2000, p. 683 Porén, comezaron a aparecer friccións cando Verlaine, Lloyd, e Ficca volvéronse cada vez máis seguros e hábiles cos instrumentos e a composición, mentres que Hell permaneceu desafiante no seu enfoque sen adestrarse. Verlaine, sentindo que o comportamento frenético de Hell no escenario estaba eclipsando as súas cancións, díxolle "deixa de dar saltos" durante as cancións e negouse ocasionalmente a tocar temas de Hell, como "Blank Generation", nos directos. Este conflito, así como que un dos seus temas fose collido por Island Records, fixo que Hell deixase o grupo elevase algunhas das súas cancións con el.Waterman 2011, pp. 95-101 Cofundou The Heartbreakers en 1975 cos antigos membros de New York Dolls Johnny Thunders e Jerry Nolan, formando posteriormente Richard Hell and the Voidoids.Wallace & Manitoba 2007, p. 55 Fred Smith, que tocou brevemente en Blondie, substituíu a Hell como baixista de Television.Waterman 2011, pp. 108-109
Television realizou a súa estrea en vinilo en 1975 con "Little Johnny Jewel" (Parts One and Two), un sinxelo de 7 polgadas lanzado a través do selo independente Ork Records, propiedade do seu representante, Terry Ork. Richard Lloyd aparentemente en desacordo coa selección desa canción, preferindo "O Mi Amore" para a súa estrea, ata o extremo de considerar seriemente deixar a banda.Waterman 2011, p. 13 Parece ser que o guitarrista de Pere Ubu Peter Laughner fixo unha audición para ocupar o seu posto nesa época.Waterman 2011, p. 17
Marquee Moon, Adventure e separación O primeiro álbum de Television, Marquee Moon, foi recibido positivamente polos críticos musicais e o público e entrou na lista Billboard 200. O disco tamén tivo boas vendas en Europa e acadou o top 30 en varios países. Tras o seu lanzamento en 1977, Roy Trakin escribiu en SoHo Weekly "esquece todo o que escoitache sobre Television, esquece o punk, esquece Nova York, esquece o CBGB ... diaños, esquece o rock and roll - este é o asunto real".Trakin 1977 Dende entón os críticos situaron o álbum no número 83 na lista da canle VH1 dos 100 mellores álbums de rock and roll, e no número 128 da lista da Rolling Stone dos 500 mellores álbums da historia. Ocupou segundo posto na lista da revista Uncut dos 100 mellores álbums de estrea, e o número 3 da lista de Pitchfork Media dos mellores álbums dos 70. Stephen Thomas Erlewine de AllMusic escribiu que o álbum foi "revolucionario" e composto "completamente de rockeiros de garaxe tensos que se adentran nun territorio intelectual embriagador, lográndose a través das seccións instrumentais longas e entretecidas do grupo".
O segundo álbum de Television, Adventure, foi gravado e publicado en 1978.Waterman 2011, p. xEmerson 1978 Mais suave e reflectivo que o seu disco de estrea, Adventure foi ben recibido pola crítica a pesar das súas modestas vendas.
As visións artísticas independentes e pouco flexibles dos seus membros, xunto co abuso de drogas de Richard Lloyd, fixeron que a banda se separase en xullo de 1978. Tanto Lloyd como Verlaine iniciaron carreiras en solitario, mentres que Ficca converteuse en batería da banda de new wave The Waitresses.
Reforma Television reformouse en 1992, publicando un terceiro álbum, Television, e realizou concertos esporadicamente dende entón. Dende que regresaron ao escenario do festival All Tomorrow's Parties de 2001 en Camber Sands, Inglaterra, a banda realizou concertos por todo o mundo e continúa actuando de forma regular.
En 2007 Richard Lloyd anunciou que deixaría amigablemente o grupo tras un concerto en verán no Central Park de Nova York. Debido a unha pneumonía que o tivo no hospital máis tempo do agardado, non foi capaz de actuar en Central Park. Jimmy Rip substituíuno ese día e a banda pediulle se podía unirse como membro permanente. O 7 de xullo de 2011 a nova formación actuou no festival Beco 203 en São Paulo. Nunha entrevista na MTV do Brasil a banda confirmou que estban a piques de rematar un novo álbum con dez temas novos, pero en 2023 ese traballo aínda non fora editado. Na década de 2010 a banda continuou de xira interpretando Marquee Moon na súa totalidade; en particular, fixeron xiras europeas en 2014 e 2016. En Nova York, en outubro de 2015, a banda realizou un concerto de catro cancións que durou unha hora: Village Voice fixo unha crítica del dicindo que o punto álxido do concerto foi un novo tema, "Persia", cualificándoo de "unha exploración rítmica e palpitante que durou preto de 20 minutos, á que cada membro da banda contribuíu con igual forza".
Verlaine morreu o 28 de xaneiro de 2023 aos 73 anos. En 2025, o xornalista David Fricke informou de que os temas que compoñen o seu cuarto álbum inédito seguen inacabados, sen voz nin guitarra principal.
Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Marquee Moon 1977 Elektra Records Adventure 1978 Elektra Records Television 1992 Capitol Records
Álbums en directo The Blow-Up – 1982 (ROIR) Live at the Academy, 1992 – 2003 Live at the Old Waldorf – 2003 (Rhino Handmade)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais da cidade de Nova York