O Club Joventut Badalona S.A.D. é un club de baloncesto profesional da cidade de Badalona, Cataluña. Fundado en 1930, é coñecido popularmente como La Penya. Actualmente compite na Liga ACB, sendo, xunto co Real Madrid, o único club que participou sempre na máxima categoría do baloncesto español. Entre os trofeos conquistados, destacan unha Euroliga, dúas Copa Korać, oito Copas do Rei e catro Ligas, dúas delas logradas desde a fundación da actual ACB.

Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta verdinegra e un pantalón negro, dáse a circunstancia que as cores que viste o equipo débense a que era a única indumentaria que quedaba na tenda de deportes cando se fundou o club a comezos do século XX. A pista de xogo e, ademais, sede oficial do club é o Pavelló Olímpic de Badalona, recinto inaugurado con motivo dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, e que ten unha capacidade para 12 500 espectadores.

Historia Badalona ten equipo de baloncesto dende o 30 de marzo de 1930, cando o Joventut foi fundado como "Penya Spirit of Badalona", na honra do Spirit of Saint Louis, primeiro avión en cruzar o Atlántico . Ademais de baloncesto, o club formábano inicialmente equipos que participan en varios deportes, como ciclismo, tenis de mesa e fútbol. En 1932, o club cambiou o seu nome polo de "Centre Esportiu Badaloní". Finalmente, en 1939, converteuse no Club Joventut de Badalona. En 1940, o baloncesto foi establecido como deporte principal do club e o verde e o negro foron adoptados como as cores do equipo.

Entre os anos 1950 e 1970 o club tivo unha gran rivalidade co Real Madrid e cos equipos veciños, xogando encontros memorables. Durante os anos 1980, 1990 e 2000, o Joventut tivo os seus mellores ano da súa historia. Hoxe en día, o nome do club por motivos de patrocinio é FIATC Joventut, debido á compañía de seguros española FIATC Mutua Seguros. Na actualidade, o club de baloncesto de Badalona está a volver a gañar títulos despois dunha época en baleiro.

O Joventut de Badalona é un dos tres únicos tres, xunto co CB Estudiantes e Real Madrid que xogou tódolos anos na máxima categoría da liga española. Ademais, o Joventut está considerado un dos equipos con mellor canteira de Europa, a "Escola de Bàsquet", fundada en 1973 e considerada a máis prestixiosa xunto de Europa á do Partizan. É quizais tamén o club de baloncesto máis importante de España, xa que o FC Barcelona e Real Madrid son os equipos que dependen en gran medida das súas seccións de fútbol, a diferenza dos de Badalona. Xogadores como os irmáns Jofresa, Jordi Villacampa, Rudy Fernández ou Ricky Rubio proveñen das categoría inferiores do Joventut.

O Joventut de Badalona tamén foi o primeiro equipo catalán que conseguiu gañar un título da Euroliga. Isto sucedeu en 1994, tras gañar por tan só dous puntos (59-57) ao Olympiacos grego en Tel Aviv (Israel). En 2006, gañou o campionato da FIBA EuroChallenge, e en 2008 a Copa ULEB. O Joventut tamén gañou dous campionatos da Copa Korać, nos anos 1981 e 1990. Dende o ano 1992 xoga no Pavelló Olímpic de Badalona.

Patrocinios miniatura|O Joventut en 2009. O Club Joventut de Badalona recibiu diversos nomes comerciais ao longo da súa historia, en función do interese do patrocinador de cada momento. Estas son as denominacións que tivo o equipo verdinegro:

Juventud Kalso (1965–1968) Juventud Nerva (1968–1971) Juventud Schweppes (1971–1977) Juventud Freixenet (1977–1978) Joventut Freixenet (1978–1981) Joventut Sony (1981–1982) Joventut Fichet (1982–1983) Joventut Massana (1983–1984) Ron Negrita Joventut (1984–1987) Ram Joventut (1987–1990) Montigalà Joventut (1990–1992) Marbella Joventut (1992–1993) 7up Joventut (1993–1995) Festina Joventut (1996–1998) Pinturas Bruguer Badalona (1998–2000) DKV Joventut (2001–2011) FIATC Joventut (2011–2016) Divina Seguros Joventut (2016–2019)

Pavillón miniatura|Exterior do Palau Olímpic.

O Joventut xoga so seus encontros como local no "Pavilló Olímpic de Badalona" (do catalán: Pavillón Olímpico de Badalona), coñecido tamén como "Palau Municipal d'Esports de Badalona" (do catalán: Pazo Municipal dos Deportes de Badalona). Foi construída como instalación nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 para albergar a competición de baloncesto. Foi obra dos arquitectos Esteve Bonell e Francesc Rius, que gañaron en 1992 o Premio de Arquitectura Contemporánea Mies van der Rohe polo recinto e ten capacidade para 12.500 espectadores.

Ademais do Pavelló Olímpic, o Joventut dispotou os seus encontros como local en múltiples recintos, non sendo até 1962 cando pasaron a xogar no "Pavelló de la Plana", un pavillón cuberto.

|- style="vertical-align: top;" | Ano Pavillón 1930 Carrer Indústria 1932 Barriada d'Artigues 1933 Carrer Manresà (Les Mallorquines) 1934 Carrer Manresà 1935 Centre Parroquial de Canyet 1936 Carrer de la Costa 1937 Carrer d'Iris 1937 Finca Ca l'Arnús </td> Ano Pavillón 1939 Passatge Viñas 1943 Col·legi Minguella 1944 Carrer de Latrilla 1948 La Plana 1962 Pavelló Esportiu de La Plana 1972 Pavelló d'Ausiàs March 1992 Palau Olímpic

Xogadores Cadro actual

Dorsais retirados miniatura|280px|Dorsais retirados polo Joventut. O Joventut retirou tres dorsais na honra dalgúns dos seus xogadores ao longo da súa historia. O 5 foi retirado por mor de Rafa Jofresa, un base que chegou a xogar vinte e un anos na máxima categoría do baloncesto español, con todo, este número tamén foi levado entre 2001–2008 por Rudy Fernández. O número 7 foi retirado na honra de Josep Maria Margall, un ala alcumado "Matraco" que xogou dezaoito temporadas cos verdinegros. Finalmente, o número 8, retirouse en homenaxe a Jordi Villacampa, un dos xogadores máis emblemáticos da historia do club. Dorsais retirados polo Joventut N°XogadorPosiciónEtapa5 Rafa Jofresa Base 1983−19967 Josep Maria Margall Ala 1972−19908 Jordi Villacampa Ala 1980−1997

Destacados

Josep Brunet Francesc Buscató Rudy Fernández Josep Maria Guzmán Rafael Jofresa Tomás Jofresa Ferran Laviña Raül López Marcelino Maneja Enric Margall Narcís Margall Josep Maria Margall Alfonso Martínez Ferran Martínez Jordi Masferrer Juanan Morales Luis Miguel Santillana Álex Mumbrú Ricky Rubio Pere Tomàs Jordi Villacampa Jan Jagla Marcelinho Huertas Jesse Young Nikola Radulović Žan Tabak Aloysius Anagonye Jamie Arnold Maceo Baston Tanoka Beard Elmer Bennett Charles Gaines Matthew Gay Randy Holcomb Reggie Johnson Demond Mallet Dakota Mathias Darryl Middleton Harold Pressley Mike Smith Corny Thompson Clay Tucker Andre Turner Alain Digbeu Jérôme Moïso Shawn Dawson Kristaps Valters Simas Jasaitis Saulius Kulvietis Henk Norel Robert Archibald Andrew Betts Pops Mensah-Bonsu Anicet Lavodrama Luboš Bartoň Christian Eyenga Milan Gurović Petar Popović Zoran Slavnić Uroš Tripković

Galardóns individuais Xogador máis valioso da ACB Tanoka Beard – 2002 Nicolás Laprovíttola – 2019

Xogador revelación da ACB Ricky Rubio – 2007 Guillem Vives – 2014

Xogador máis valioso das finais da ACB Corny Thompson – 1991 Mike Smith – 1992

Mellor quinteto da ACB Rudy Fernández – 2007, 2008 Ricky Rubio – 2008 Nicolás Laprovíttola – 2019

Concurso de mates da ACB Christian Eyenga – 2009miniatura|160px|Rudy Fernández. Xogador máis valioso da Copa do Rei Andre Turner – 1997 Rudy Fernández – 2004, 2008

ULEB Eurocup Finals MVP Rudy Fernández – 2008

EuroChallenge Final Four MVP Rudy Fernández – 2006

Euroleague Rising Star Rudy Fernández – 2007

Adestradores A seguinte relación detalla cronoloxicamente a todos os adestradores que tivo o Club Joventut de Badalona. Se figura máis dun adestrador por temporada significa que o primeiro foi substituído polo seguinte. miniatura|210px|Aito García Reneses.

Xavier Estruch (1939–1941) Luis Antoja (1941–1943) Gironés (1943–1944) Xavier Estruch (1944–1946) Vicenç Lleal (1946–1947) José Tomas (1947–1948) José Vila (1947–1950) José María Costa (1950–1951) José Grau (1951–1953) Joaquín Broto (1953–1955) J. Jiménez (1955–1956) Joaquín Broto (1956–1958) Rafael Murgadas (1958–1959) José Grau (1959–1961) Joan Canals (1961–1962) Antonio Molina (1962–1963) Albert Gasulla (1963–1964) Antonio Molina (1963–1964) Eduardo Kucharski (1965–1969) Josep Lluís Cortés (1969–1972) Clinton Morris (1972–1973) Josep Lluís Cortés (1973–1975) Eduardo Kucharski (1975–1976) Josep María Meléndez (1975–1977) Antoni Serra (1977–1979) Josep Lluís Cortés (1979–1980) Manel Comas (1980–1982) Joaquín Costa Prat (1981–1982) Jack Schrader (1982–1983) Aíto García Reneses (1983–1985) Miquel Nolis (1985–1986) Alfred Julbe (1986–1989) Herb Brown (1989–1990) Lolo Sainz (1990–1993) Željko Obradović (1993–1994) Pedro Martínez (1994–1995) Miquel Nolis (1994–1995) Zoran Slavnić (1995–1996) Alfred Julbe (1996–2000) Josep María Izquierdo (1999–2001) Manel Comas (2000–2003) Aíto García Reneses (2003–2008) Sito Alonso (2008–2010) Pepu Hernández (2010–2011) Salva Maldonado (2011–2016) Diego Ocampo (2016–2018) Carles Duran (2018–presente)

Presidentes A seguinte é unha lista dos presidentes do Joventut desde a fundación da Asociación de Clubs de Baloncesto en 1982. Lluís Conesa (1982−1995) Jordi Parra (1995−1996) Genís Llamas (1996−1999) Jordi Villacampa (1999−2017) Juanan Morales (2017−presente)

Palmarés miniatura|Pere Tomàs. Nacional Liga Campión (4): 1966–67, 1977–78, 1990–91, 1991–92 Subcampión (10): 1958, 1959–60, 1961–62, 1968–69, 1970–71, 1972–73, 1984–85, 1986–87, 1989–90, 1992–93 Copa do Rei Campión (8): 1948, 1953, 1955, 1958, 1969, 1976, 1997, 2008 Subcampión (13): 1966, 1968, 1970, 1971, 1972, 1974, 1985, 1986, 1987, 1990, 1993, 1998, 2004 Copa Príncipe Campión (3): 1948, 1953, 1955, 1958, 1969, 1976, 1997, 2008 Supercopa Campión (2): 1986, 1987 Subcampión (1): 1988 Lliga Catalana Campión (11): 1986, 1987, 1988, 1990, 1991, 1992, 1994, 1998, 2005, 2007, 2008 Subcampión (14): 1981, 1982, 1984, 1985, 1993, 1995, 1997, 1999, 2001, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013

Internacional Euroliga Campión (1): 1994 Subcampión (1): 1992 EuroCup Campión (1): 2008 Copa Korać Campión (2): 1981, 1990 EuroChallenge Campión (1): 2006

Historial miniatura|Ricky Rubio. miniatura|Eduardo Hernández-Sonseca.