Manuel Crespo Alfaya, nado en Ponteareas o 22 de decembro de 1918El Tea, 13-1-1919, p. 2. e finado en Pontevedra o 2 de abril de 2006,Diario de Pontevedra, 3-4-2006, p. 26. foi un político galego.

Traxectoria Fillo de Manuel Crespo Medal, secretario do Concello de Pazos de Borbén, e Engracia Alfaya Cerdeira.El Pueblo Gallego, 29-6-1935, p. 12. Estudou Maxisterio e fíxose mestre. Foi oficial maior e secretario comarcal do Frente de Juventudes de Pontevedra e despois secretario provincial. Manuel Crespo Alfaya foi un home de peso na ditadura, funcionario e xefe dos servizos técnicos, foi secretario local de FET y de las JONS en Pontevedra e secretario da Obra Social do Movimiento nos anos 50, nos anos 60 delegado do Ministerio de Información e Turismo que dirixía Manuel Fraga Iribarne. Promoveu a Festa do Marisco do Grove. Foi un dos fundadores de Alianza Popular. Pío Cabanillas nomeouno delegado de Cultura en 1977,La Voz de Galicia, 8-11-1977, p. 9. converténdoo no seu home de confianza na cidade de Pontevedra. Crespo Alfaya coñeceu a Mariano Rajoy e converteuse nun dos seus principais homes de confianza, e logo ao seu sucesor na Deputación, Xosé Cuíña.

Rajoy nomeouno en 1986 Xefe do Gabinete Técnico cando Xerardo Fernández Albor lle ofreceu a Vicepresidencia da Xunta de Galicia, cargo do que cesou a petición propia o 16 de outubro de 1987. Crespo Alfaya pasou a ser conselleiro da CRTVG, posto ao que tamén renunciou.

Obras España en Paz. Pontevedra, 1964. Las bienales 1969-1981, 1987 (con Miguel Pereira Figueroa). Pontevedra turística. Guía provincial, 1989 (con Miguel Pereira Figueroa).

Recoñecementos Fillo predilecto de Ponteareas.

Vida persoal

Casou en Pontevedra con María Teresa Freijeiro Villaverde en 1946.Ciudad, 9-12-1946, p. 5. Enviuvou en 1951,El Pueblo Gallego, 22-6-1951, p. 2. casou con María de los Remedios Sabarís e foi pai do tamén político Pablo Crespo Sabarís. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Falanxistas Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes