Sergio Busquets Burgos, nado en Sabadell, provincia de Barcelona, o 16 de xullo de 1988, é un futbolista catalán. En 2010 xogaba como centrocampista no Fútbol Club Barcelona, da Primeira División de España.
É fillo de Carles Busquets, ex gardameta tamén do Barcelona, e que actualmente é o adestrador de porteiros do club catalán.
Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.
Traxectoria Aínda que nado en Sabadell, creceu na veciña Badia del Vallès e deu os seus primeiros pasos no Jabac de Terrassa, ata que en 2005 ingresou no fútbol base do FC Barcelona. Na súa primeira tempada no Xuvenil A do club azulgrana logrou o triplete, integrando un histórico con novas promesas como Bojan Krkić.
A súa progresión fixo que en maio de 2007 Frank Rijkaard convocáselle para os partidos do primeiro equipo na Copa Catalunya, chegando a disputar algúns minutos da final, na que os azulgranas lograron o título ao imporse ao RCD Espanyol.
A tempada 2007/08 xogou ás ordes de Pep Guardiola no filial do Barcelona, co que quedou campión de Terceira División, logrando o ascenso a Segunda B. Busquets foi aliñado en 23 partidos, nos que marcou dous tantos.
A seguinte tempada, Guardiola, á fronte do primeiro equipo, decidiu levar a Busquets á concentración de pretempada, dándolle minutos na Copa Catalunya -onde anotou o seu primeiro gol oficial como azulgrana- e o Trofeo Joan Gamper. Pouco despois chegaría o seu debut en Primeira División; foi o 13 de setembro de 2008, na segunda xornada de liga, cando xogou os noventa minutos ante o Racing de Santander. Rapidamente, e a pesar de ter ficha non profesional co filial, logrou consolidarse como titular no primeiro equipo azulgrana. A súa progresión tamén chamou a atención do seleccionador español, Vicente del Bosque, debutando coa selección sub 21 en outubro de 2008.
O 22 de outubro de 2008 logrou o seu primeiro gol co primeiro equipo azulgrana, coincidindo co seu debut na Liga de Campións, nunha partida fronte ao FC Basilea gañado polos cataláns por 0 a 5.
O 22 de decembro de 2008 renovou o seu contrato co Barcelona ata 2013.
O 27 de maio de 2009 foi aliñado na final da Champions League fronte ao Manchester United, sendo gañada por 2 goles a 0.
Selección nacional de España O 11 de outubro de 2008 debutou coa selección de España sub-21 nun partido de clasificación para a Eurocopa da categoría ante Suíza, no que anotou un gol.
O 6 de febreiro de 2009 Vicente del Bosque convocouno para xogar coa selección absoluta por primeira vez, para un partido amigable ante Inglaterra, aínda que non chegou a xogar.
Tería que esperar uns meses, ata o 1 de abril de 2009, para debutar coa camiseta española, nun encontro de clasificación para a Copa Mundial de Fútbol de 2010 disputado en Turquía. Busquets entrou no minuto 77 de partido en substitución de David Silva.
En xuño de 2009 o seleccionador Vicente del Bosque incluír na lista de convocados para disputar a Copa Confederacións.
O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica.
Clubs Actualizado o 28 de abril de 2010 ClubPaísAnoPartidosGolesFC Barcelona AtlèticEspaña2007 - 2008261FC BarcelonaEspaña2008 - presente833
Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoLiga de Terceira DivisiónFC Barcelona AtlèticEspaña2008Copa do ReiFC BarcelonaEspaña2009Liga de EspañaFC BarcelonaEspaña2009Supercopa de EspañaFC BarcelonaEspaña2009Liga de EspañaFC BarcelonaEspaña2010
Campionatos internacionais TítuloClubPaísAnoLiga de Campións da UEFAFC BarcelonaItalia2009Supercopa de EuropaFC BarcelonaFrancia2009Copa Mundial de Clubs da FIFAFC BarcelonaEmiratos Árabes Unidos2009Copa Mundial de FútbolSelección españolaSuráfrica2010
Outros TítuloClubPaísAnoCopa CatalunyaFC BarcelonaEspaña2007Trofeo Joan GamperFC BarcelonaEspaña2008
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Sergio Busquets na web oficial do FC Barcelona Ficha/Perfil de Sergio Busquets na web oficial da FIFA
Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Sabadell Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022