miniatura|300px|Situación da Serra Nevada na Península Ibérica. Serra Nevada é un macizo montañoso pertencente ao conxunto da Cordilleiras Béticas, concretamente aos sistemas Penibéticos. Está situada en Andalucía, España, e esténdese desde o centro-sueste da provincia de Granada e parte do suroeste da provincia de Almería. No ano 1986 foi declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO e no 1999 foi declarada Parque Nacional polos seus valores botánicos, paisaxísticos e naturais. É o macizo montañoso máis alto de toda Europa occidental despois dos Alpes. A súa altitude máxima atópase no pico Mulhacén, de 3.482 metros.
Historia e orixe do nome Existen referencias á Serra Nevada desde a antigüidade. Plinio o Vello xa mencionou no século I a existencia do monte Solarius na zona fronteiriza entre as provincias romanas hispanas da Bética e a Tarraconense. Durante a época visigoda, Isidoro de Sevilla falou do monte Solorio, derivada de mont Oriens, «monte no que loce o sol antes de saír». Máis adiante, diversos autores islámicos a mencionan, denominándoa uns Yabal Sulayr (monte do Sol e do Aire), Yabal-al-Tay (monte da Neve) e outros simplemente Sulayr. Outras denominacións posteriores foron monte do Sol, do Aire e do Sol, da Neve e tamén Serra da Xeada, sendo a partir do século XVIII bautizada como é coñecida hoxe: Serra Nevada.
Durante o século XVI foi escenario da Rebelión das Alpujarras. Posteriormente, no século XVIII marca o inicio de diversas expedicións, nas que, influídos polo espírito da Ilustración, comezouse a explorar sistematicamente a serra. Así, sobresaen a dirixida polo marqués da Ensenada, á que seguiron outras protagonizadas por importantes científicos, especialmente botánicos, biólogos e xeólogos. Estes comezaron a describir nas súas obras a importantísima riqueza natural da serra. Autores como Washington Irving establecéronse nas súas inmediacións no século XIX. A finais deste, Ángel Ganivet, naquel tempo cónsul de España en Finlandia, comentou nalgún dos seus escritos que a serra podería converterse na «Finlandia andaluza», pola existencia de neve máis de 6 meses ao ano. Xa no século XX, o escritor e hispanista británico Gerald Brenan adicou a súa obra Al sur de Granada a inmortalizar a máis significativa das comarcas da serra, a Alpujarra.
No en 1925 construíuse un tranvía-ferrocarril desde Granada ata a localidade próxima de Güejar-Sierra, que aínda que foi clausurado nos anos 70 marcou en Granada un antes e un despois no coñecemento da serra.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Provincia de Granada. Provincia de Almería. Mulhacén.
Ligazóns externas Información Noticias sobre a estación de esquí de Serra Nevada Foro sobre a estación de esquí de Serra Nevada Microweb turística de Serra Nevada realizada polo Patronato de Turismo de Granada Parque Natural de Serra Nevada, Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Andalucía Artigo sobre Serra Nevada en la revista Consumer Foto de satélite en Google Maps Fotos panorámicas de Sierra Nevada Galería de fotos Galería de fotos 2 Sitio web oficial de la estación de esquí de Sierra Nevada Puerto de la Ragua, estación de esquí de fondo Mapa de Serra Nevada Parque Nacional Serra Nevada: Espacios protegidos en España
Datos bioclimáticos Datos básicos Serra Nevada Clima e hidrografía, Parque nacional de Serra Nevada
Flora, fauna e xeoloxía Artigo sobre Serra Nevada da revista Waste sobre natureza e ecoloxía Series de Vexetación en Serra Nevada Lista de endemismos de Serra Nevada Fauna de alta montaña Introdución á fauna de Serra Nevada Formación e datos xeolóxicos
Nevada Categoría:Parques nacionais de España Categoría:Cordilleira Penibética