Odiseo é con moito o cráter de impacto máis grande da lúa de Saturno, Tetis. Ten 445 km de diámetro, máis de 2/5 partes do diámetro da propia lúa. Está situado no hemisferio de cabeza (vangarda) e as coordenadas do centro do cráter son 32,82° N 128,89° O. O seu nome procede do heroe Odiseo da mitoloxía grega que aparece na Odisea.

Descrición esquerda|miniatura|Odiseo en primeiro plano, pódense ve-los seus picos centrais, os Sheria Montes que teñen máis de 185 km da diámetro. Odiseo é un cráter moi pouco profundo, o seu leito está a uns 3 km. de profundidade media, e na súa parte máis externa (preto dos bordos) ten unha profundidade duns 5 km -profundidades de 6–9 km non serían nada excesivas para un cráter tan enorme. Pénsase que orixinalmente era bastante profundo e cuns bordos altos e uns picos centrais impoñentes. O longo do tempo, o leito do cráter relaxouse a unha forma máis esférica en concordancia co resto da superficie de Tetis, e tanto as montañas dos bordos coma o pico central (ou picos centrais) do cráter colapsáronse (de xeito semellante a aparente relaxación das superficies das lúas Calisto e Ganímedes do planeta Xúpiter). Isto indicaría que en tempos da formación de Odiseo, Tetis debería ter unha superficie o suficientemente morna e maleable para permitir á topografía colapsarse; posiblemente por que parte do interior da lúa estivese en estado líquido. Se Tetis, na época do impacto, estivese máis fría ou fose máis fráxil, a lúa posiblemente esnaquizaríase por culpa do impacto; e se a lúa non se tivese esnaquizado, o cráter tería gardado a súa forma orixinal, de xeito semellante ó cráter Herschel de Mimas.

No hemisferio oposto respecto de Odiseo, existe unha inmensa estrutura de vales e depresións chamada Ítaca Chasma, sobre a que se ten teorizado sobre a súa formación coma resultado do impacto que creou tamén o cráter Odiseo. Aínda que estudos recentes baseados en imaxes de alta definición tomadas pola sonda Cassini indicarían este feito coma bastante improbable.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista dos accidentes xeolóxicos de Tetis Lista dos cuadrángulos de Tetis Ítaca Chasma Ligazóns externas Imaxe de astronomía do día 9 de setembro do 2007

Categoría:Tetis Categoría:Cráteres