Santiago Catalán Tobía, nado en Madrid no ano 1954 e radicado en Lugo, é un arquitecto, debuxante e pintor galego.
Traxectoria Obtivo o título de Arquitecto especialista en Urbanismo en 1978 pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. En 1980 fixou a súa residencia en Lugo, cidade onde realizou a maioría das súas obras de arquitectura.
Obras Arquitectura Intervención no contorno e fachadas da Igrexa do Mosteiro de Santa María de Meira. Intervención no contorno da Igrexa románica de Santo Estevo de Ribas de Miño. Ordenación dun Espazo público no polígono de Fingoi en Lugo. Biblioteca intercentros do Campus de Lugo.COAG Obradoiro, COAG, 2000, Santiago de Compostela, nº28, pp. 152-157. ISSN: 0211-6065. (1994-1999). En colaboración co arquitecto Javier Sancosmed Lage.
Publicacións
Arquitecturas debuxadas.Compostela (2018), Xerais, 224 páx. ISBN 978-84-9121-435-9 (Edición en galego e castelán).
Premios Accésit no IV Premio COAG de Arquitectura (1990) pola obra Intervención no entorno e fachadas da Igrexa de Santa María de Meira.IV Premio COAG de Arquitectura , www.coag.es. Accésit no V Premio COAG de Arquitectura (1992) pola obra Ordenación dun espazo púbico no polígono de Fingoi.V Premio COAG de Arquitectura , www.coag.es. Mención no III Premio Julio Galán Carvajal de Arquitectura (1995) pola obra Intervención no entorno da Igrexa Románica de Santo Estevo de Ribas de Miño.III Premio Julio Galán Carvajal de Arquitectura , www.coag.es.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX Categoría:Arquitectos de Galicia do século XXI Categoría:Nados en Madrid