miniatura|240px|Dorayaki miniatura|240px|Interior dun Dorayaki partido pola metade

Dorayaki () é un tipo de doce xaponés que consiste de dous pequenos produtos semellante ás filloas, feitos de kasutera e envoltos cun recheo de anko (pasta de feixón doce azuki).

Receita e características Orixinalmente só tiña unha capa, e a forma actual foi inventada no 1914 por Ueno Usagiya.

En xaponés, dora significa "gong", e este probablemente é a orixe do nome. Normalmente adoitan ser de pasta de feixón doce pero tamén poden ser de castaña. Prefírese comer xunto cunha bebida porque son secos; o complemento máis usado é o te.

O dorayaki é un dos doces ou pasteis típicos no Xapón. Na serie manga Doraemon aparece como a comida favorita de Doraemon. Na serie Anpanman hai un personaxe con cabeza de dorayaki que se chama Dorayakiman.

Entre os distintos tipos de Bollycao encóntrase o "Bollycao Dokyo", que é unha imitación do Dorayaki.

Véxase tamén Outros artigos Anko Daifuku Ligazóns externas Receita de dorayaki Descrición dos dorayaki Receita de dorayaki con castañas e mais cacao

Categoría:Doces Categoría:Sobremesas Categoría:Pratos de legumes Categoría:Gastronomía do Xapón