Óscar Cervantes Gisbert, nado o 13 de maio de 1969 en Barcelona é un xogador profesional internacional de baloncesto catalán. Procedente da canteira do Espanyol, cunha altura 1,93 metros xogaba na posición de escolta. Está considerado como un dos mellores tiradores da historia da ACB.

Traxectoria A saga Cervantes leva tres xeracións xogando no CB Granollers, antigo "Cacaolat" e "Grupo IFA". O pai de Óscar Cervantes (Juanjo) e o seu fillo Pol Cervantes, tamén xogador do CB Granollers. Cabe destacar que foi o primeiro gañador español do concurso de triplas do All-Star da ACB, derrotando na final de Madrid de 1991 a Bryan Jackson.

Era coñecido no mundo ACB pola súa boa e rápida mecánica de tiro. Especialista en finalizar os contraataques en tiros de tripla. Deuse a casualidade que no ano 1991 o Club Basquet Granollers contaba nas súas filas co campión ACB de triplos 1991 e o campión de mates NBA 1989 e da ACB 1991 Kenny Walker.

Equipos Grupo IFA Español (ACB, 1987–1988) CB Granollers (ACB, 1988–1993) CB Breogán (ACB, 1993–1995) Festina Andorra (ACB, 1995–1997) Ovarense (LPB, 1997−1998) Tarragona (EBA, 1998−2000) CB Granollers (EBA, 2002–2003)

Logros Segundo xogador que máis asistencias realizou na historia do Club Bàsquet Granollers (264). Quinto xogador que veces vestiu a camiseta do Club Bàsquet Granollers (138). Quinto xogador que máis puntos anotou na historia do Club Bàsquet Granollers (671). Dúas veces internacional coa selección de baloncesto de España absoluta. Unha vez gañador do concurso de triplas de ACB (1991) e dúas veces subcampión (1989, 1990)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en acb.com

Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Bàsquet Categoría:Xogadores do Granollers EB Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do BC Andorra Categoría:Xogadores do Ovarense Basquetebol Categoría:Xogadores do CB Tarragona Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto de Cataluña Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Barcelona