Manuel Díaz González, nado en Sirgueiros (O Incio) o 29 de xaneiro de 1886 e finado no mesmo concello o 11 de setembro de 1936, foi un médico e político galego.
Traxectoria Foi o primeiro dos once fillos de Juan Díaz Mendoza. Con doce anos sufriu unha meninxite. Fixo o bacharelato en Santiago de Compostela e cando rematou, en 1907, iniciou os estudos de medicina na mesma cidade. Recibiu o título de médico en 1913. Exerceu a medicina en La Bañeza antes de trasladarse á Cruz do Incio a principios da década dos anos vinte.
O 16 de febreiro de 1924 foi elixido alcalde do Incio, posto no que permaneceu ata o 10 de novembro do mesmo ano, tamén foi deputado provincial. En 1929 foi nomeado médico municipal do Incio, continuando como tal ata 1936, e era coñecido como "O médico dos pobres" por non cobrar aos necesitados.
Na época da II República colaborou no periódico local Siembra, militou no Partido Republicano Gallego e máis tarde en Izquierda Republicana. Detido en agosto de 1936, foi asasinado o 11 de setembro na Casilla da Serra, no km 11,1 da estrada de Laiosa á Cruz do Incio, na parroquia de Eirexalba.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas "O Incio acogerá un homenaje al médico republicano Manuel Díaz González" El Progreso, 30/9/2011 .
Categoría:Médicos do Incio Categoría:Alcaldes do Incio Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados no Incio Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1936