Antoni Elías Justicia, coñecido como Toni Elías, nado en Manresa o 26 de marzo de 1983, é un piloto español de motociclismo. É o terceiro membro da familia Elías en competir en carreiras de motociclismo. Foi o primeiro campión do mundo da categoría Moto2 en 2010.
Carreira deportiva
Inicios
En 1993 Toni acabou terceiro no Campionato de Cataluña de Minimotos, e un ano máis tarde acadou o subcampionato. Os tres anos sucesivos, 1995, 1996 e 1997 probou nas carreiras de scooters, onde logrou unhas boas actuacións, disputando o último ano o Open RACC de 50cc cunha Yamaha TZR 50.
125cc
1998 é o ano no que debuta aos mandos dunha Yamaha 125 GP no Campionato de España de 125cc, con só 15 anos, logra sumar os seus primeiros puntos e remata na vixésimo terceira posición.
En 1999 continuou disputando o Campionato de España de 125cc, onde acadou a terceira posición na clasificación xeral. A súa primeira incursión no Campionato do Mundo foi como piloto convidado no Gran Premio de España, onde sumou os seus primeiros puntos do Mundial no GP da Comunidade Valenciana ao acabar na 14º posición.
A temporada 2000 foi a súa primeira tempada completa no Mundial de 125cc ao conseguir 24 puntos e rematar na vixésima praza. Con esta actuación logrou un sitio no equipo do expiloto Alberto Puig, no Mundial de 125cc, da temporada seguinte, o Movistar Junior Team a bordo dunha Honda.
No MoviStar Júnior Team do ano 2001 Elías subiu a un podio por vez primeira durante o Gran Premio de Francia, e foi no Gran Premio dos Países Baixos, onde Toni acadou a súa primeira vitoria no mundial. A partir dese momento, o piloto catalá entrou na loita polo título aínda que a superioridade mecánica dos seus rivais e unha caída impedíronlle loitar polo título. Ao remate das diferentes carreiras logrou a terceira posición.
250cc
No ano 2002 deu o salto a 250cc no equipo dirixido por Jorge Martínez "Aspar" cunha Aprilia RS250. Acadou a súa primeira vitoria en Motegi e varios podios ao longo da temporada. Finalmente, logrou a cuarta posición final do Campionato.
Na temporada 2003 converteuse no piloto que máis Grandes Premios gañou, facéndoo en 5 carreiras polo que loitou no campionato ata o final. Os problemas posta a punto, durante o inicio da temporada, coa Aprilia condicionaron o resultado final dun Mundial no que rematou terceiro.
En 2004 abandonou o equipo de Aspar e pasou ao equipo Fortuna Honda dirixido por Daniel Amatriain pilotando unha Honda RSW250 oficial e acadando 8 podios e unha vitoria, obtendo a cuarta posición do mundial.
MotoGP
En 2005 subiu de categoría e entrou en MotoGP para competir co equipo Fortuna Yamaha, onde logrou 74 puntos e acabou na 12º posición.
No 2006 cambiou de montura e fichou polo equipo Honda Gresini pilotando a Honda RCV211V. O seu compañeiro de equipo foi o piloto italiano Marco Melandri. A súa primeira vitoria nesta categoría foi no Gran Premio de Motociclismo de Portugal, no circuíto de Estoril logo dunha loita memorable con Valentino Rossi. Rematou a temporada na novena praza do mundial.
En 2007 coa nova Honda RCV212V só logrou subirse dúas veces ao caixón pois no Assen tivo un grave accidente, onde fracturou unha perna que o afastou dos circuítos varias carreiras, conformándose coa 12º praza ao final de temporada.
A finais de 2007 comunicou a súa fichaxe para a temporada do 2008 polo equipo de Luis D´Antin, o Alice Ducati Team, que é o equipo satélite de Ducati, pilotando a Ducati Desmosedici GP8 acompañando ao francés Sylvain Guintoli. Logo dunha temporada mas que discreta, consegue dous podios consecutivos en Brno e Misano, que facilita a súa permanencia na categoría cara á próxima temporada.
En 2009, o piloto de Manresa volve a correr cunha Honda do equipo San Carlo Honda Gresini, pero desta vez coa RC212CV, coas mesmas especificacións cas oficiais e polo tanto coa expectativa de recuperar protagonismo entre a elite do Campionato.
Moto2 e Moto GP 250px|left|thumb|Toni Elías en 2010 coa Moriwaki en Mugello A falta de 3 probas para a conclusión do campionato, proclámase matematicamente campión do mundo de Moto2, tras acabar cuarto no G.P. de Malaisia. No que vai transcorrido desta tempada 2010, conseguiu 8 podios, entre os que se atopan 7 vitorias (Jerez, Le Mans, Sachsenring, Brno, Indianapolis, San Marino e o Xapón) e un segundo posto en Assen.
Tras este triunfo en Moto2, Toni Elías retomou a súa aspiración de volver competir en MotoGP con equipo de fábrica. En 2010 convértese no novo piloto oficial do equipo LCR Honda MotoGP para a tempada 2011. Tras unha tempada con malos resultados, sendo o oitavo (en 3 ocasións) o seu mellor posto, dun Toni que se esperaba máis competitivo, volta a Moto2.
Toni volve á categoría na que fóra campión, co equipo de Jorge Martínez "Aspar", o Mapfre Aspar Team. o 15 de xullo de 2012 Jorge Martínez Aspar anuncia en directo o cesamento do contrato co que Toni non finalizará a tempada nese equipo. Logo disto, chega a un acordo co equipo Pramac para substituír o lesionado Héctor Barberá. Despois do regreso de Barberá, Toni asinou un acordo para correr co equipo Kalex substituíndo a Simone Corsi, que marchou a superbikes.
Estatísticas de Carreiras en Grandes Premios
Por temporadas TemporadaCategoríaMotocicletaCarreiraGanaPodioPoleVolta rápidaPuntosPosto 1999 125cc Honda RS125 3 0 0 0 0 2 33º 2000 125cc Honda RS125 16 0 0 0 0 24 20º 2001 125cc Honda RS125 16 2 9 4 1 217 3º 2002 250cc Aprilia RS250 16 1 5 0 1 178 4º 2003 250cc Aprilia RS250 16 5 7 5 4 226 3º 2004 250cc Honda RSW250 16 1 8 0 1 199 4º 2005 MotoGP Yamaha YZR-M1 14 0 0 0 0 74 12º 2006 MotoGP Honda RC211V 15 1 1 0 1 116 9º 2007 MotoGP Honda RC212V 15 0 2 0 2 104 12º 2008 MotoGP Ducati GP8 18 0 2 0 0 92 12º 2009 MotoGP Honda RC212V 17 0 1 0 0 115 7º 2010 Moto2 Moriwaki MD600 13 7 8 2 2 249 1º* Total 159 11 35 10 10 1372
Por categoría ClaseTemporadaPrimeiro GPPrimeiro PodioPrimeira vitoriaCarreirasVitoriasPodiosPolesV. rápidasPuntosCampionatos do mundo 125 cc 1999-2001 1999 - España 2001 - Francia 2001 - Países Baixos 35 2 9 4 1 243 0 250 cc 2002-2004 2002 - Xapón 2002 - Países Baixos 2002 - Pacífico 48 7 20 5 6 603 0 MotoGP 2005-2009 2005 - España 2006 - Portugal 2006 - Portugal 44 1 6 0 3 501 0 Moto2 2010 2010 - Qatar 2010 - España 2010 - España 13 7 8 2 2 249 0 Total 1999-2010 160 12 37 9 10 1347 0
Carreiras por ano Ano Cat. Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Pos. Final Puntos 1999 125 cc Honda MAL XPN SPA 21 FRA ITA CAT Ret NED GBR ALE CHE SMR VAL 14 AUS SAF BRA ARX 33º 2 2000 125 cc Honda SAF 23 MAL 17 JPN 17 SPA 16 FRA 17 ITA 15 CAT 8 NED Ret GBR 14 GER Ret CZE 14 POR 17 VAL 15 BRA 14 PAC 12 AUS 12 20º 24 2001 125 cc Honda XPN 16 SAF 18 SPA 13 FRA 3 ITA 4 CAT 2 NED 1 GBR 2 XER 2 CZE 1 POR 3 VAL 2 PAC Ret AUS 3 MAL 6 BRA 4 3º 217 2002 250 cc Aprilia XPN 11 SAF 16 SPA 10 FRA 6 ITA 4 CAT 10 NED 2 GBR 3 ALE 6 CHE 3 POR 13 BRA 5 PAC 1 MAL 2 AUS 5 VAL 10 4º 178 2003 250 cc Aprilia XPN Ret SAF 8 SPA 1 FRA 1 ITA 6 CAT 4 NED 13 GBR 4 ALE 7 CHE] 2 POR 1 BRA 18 PAC 1 MAL 1 AUS 11 VAL 2 3º 226 2004 250 cc Honda SAF 8 SPA 12 FRA 3 ITA 6 CAT 3 NED 3 BRA 3 ALE 22 GBR Ret CHE 5 POR 1 XPN 2 QAT 6 MAL 3 AUS 5 VAL 2 4º 199 2005 MotoGP Yamaha SPA 12 POR 14 CHN 14 FRA 9 ITA Les CAT Les NED Les USA 13 GBR 9 ALE 12 CHE 14 XPN 9 MAL 11 QAT 8 AUS 9 TUR 6 VAL 10 12º 74 2006 MotoGP Honda SPA 4 QAT 8 TUR 5 CHN 11 FRA 9 ITA 7 CAT Ret NED Les GBR Les ALE 11 USA 15 CHE 11 MAL Ret AUS 9 XPN 6 POR 1 VAL 6 9º 116 2007 MotoGP Honda QAT 14 SPA 4 TUR 2 CHN Ret FRA Ret ITA 6 CAT Ret GBR 12 NED Les ALE Les USA Les CHE 11 SMR 7 POR 8 XPN 3 AUS 15 MAL 6 VAL 10 12º 104 2008 MotoGP Ducati QAT 14 ESP 15 POR 12 CHN 8 FRA 11 ITA 12 <font color="white">CAT DSQ</font color> GBR 11 NED 12 ALE 12 USA 7 CHE 2 SMR 3 IND 12 JPN 12 AUS 11 MAL 15 VAL 18 12th 92 2009 MotoGP Honda QAT9 JPN15 SPA9 FRA10 ITA14 CAT18 NED12 USA6 GER6 GBRRet CZE3 IND9 SMR6 POR6 AUS10 MAL7 VAL6 7th 115 2010 Moto2 Moriwaki QAT4 ESP1 FRA 1 ITA 5 GBR 10 NED 2 CAT 5 ALE 1 CHE 1 IND 1 SMR 1 ARA 4 XAP 1 MAL 4 AUS POR VAL 1º* 262*
Lenda:
En Negra indica pole position. Cor Resultado Ouro Gañador Prata Segundo posto Bronce Terceiro posto Verde Carreira finalizada con puntos Azul Carreira finalizada sen puntos Púrpura RetiradoNon clasificado (NC) Vermello Non cualificado (NQ) En branco Descualificado (DES) Branco Non iniciou (NIN) En branco Non participou Retirado por lesión (LES) Excluído (EX)
Notas
Ligazóns externas
Web oficial de Toni Elías
Categoría:Pilotos de 125 cc Categoría:Pilotos de 250 cc Categoría:Pilotos de Moto2 Categoría:Pilotos de MotoGP Categoría:Campións do mundo de Moto2 Categoría:Pilotos de motociclismo de Cataluña Categoría:Nados en Manresa Categoría:Nados en 1983