O Club Baloncesto Sarria é un equipo de baloncesto da vila de Sarria. Competiu durante moitas tempadas na liga EBA, se ben actualmente o primeiro equipo masculino xoga na Primeira División Sénior Masculina, e o feminino na Primeira División Autonómica Feminina, máximas categorías do baloncesto galego. Ademais de equipo sénior, tamén ten equipos nas categorías inferiores.
Traxectoria O Club Baloncesto Sarria constituíuse legalmente en xullo de 1987, mais xa a principios dos anos 80 viña participando en diversas competicións de ámbito provincial e autonómico.
Con anterioridade ao ascenso á liga EBA, o CB Sarria permaneceu 15 anos ininterrompidamente na Primeira División Nacional (anteriormente denominada 2ª división), sendo sempre a base do equipo os xogadores saídos da canteira, chegando a formar parte do equipo de liga EBA seis xogadores da canteira.
Instalacións O Club Baloncesto Sarria disputa os seus partidos no Novo Pavillón do Chanto, situado na zona escolar e deportiva da vila de Sarria.
Sarria Categoría:Deporte en Sarria Categoría:Baloncesto de Galicia sen imaxes