Bernard Lagat nado o 12 de decembro de 1974 en Kapsabet, no Val do Rift, é un corredor Kenyano nacionalizado estadounidense, especialista en media e longa distancia.
Traxectoria Estudou na Jomo Kenyatta University of Agriculture and Technology de Nairobi e na Washington State University. No ano 2000 foi bronce nos 1500 metros dos Xogos Olímpicos de Sydney 2000.perfil de Bernard Lagat en USATF .
Non participou no Campionato do Mundo de atletismo de París 2003 por dar positivo por EPO,Lagat fails drugs test, artigo en BBC Sport . pero a contraanálise deu negativa e non foi sancionado.Lagat given all-clear artigo en BBC Sport . Nos Xogos do 2004 en Atenas gañou a prata, tamén en 1500 metros.
No ano 2005 anunciou a súa nacionalización como cidadán dos Estados Unidos. O cambio de nacionalidade comportou non poder participar no Campionato do Mundo do 2005. Coa súa nova nacionalidade gaña dúas medallas de ouro no Campionato do Mundo de Osaka 2007, nas probas de 1500 e 5000 metros lisos.With historic double, Lagat joins illustrious company , artigo na páxina de Osaka 2007 .
Lagat era un dos favoritos nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 pero na proba de 1500 metros non puido pasar de semifinais.Lagat fails ton make Olympic 1,500 final, artigo en The Arizona Republic . Foille mellor na proba de 5000 metros,Lagat rebounds in 5,000 meters, artigo en The Arizona Republic . pero ó final só logrou unha pobre novena posición. Nos Campionatos do Mundo de Berlín 2009 gañou dúas medallas de prata e bronce, e en marzo de 2010 unha de ouro nos 3000 do campionato en pista cuberta, para completar o seu brillante palmarés.
Mellores marcas Distancia marca data sede 800 m 1:46.00 10 de agosto de 2003 Berlín 1000 m 2:16.18 31 de agosto de 2008 Gateshead (R.U.) 1500 m 3:26.34 24 de agosto de 2001 Bruxelas Milla 3:47.28 29 de xuño de 2001 Roma 2000 m 4:55.49 30 de xullo de 1999 Estocolmo 3000 m 7:33.15 17 de xullo de 2009 París Saint-Denis Dúas millas 8:12.45 8 de xuño de 2008 Eugene (Oregón) 5000 m 12:59.22 28 de xullo de 2006 Londres
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Encyclopædia Britannica 2009 Student and Home Edition, Chicago :Artigos: "World Outdoor Championships. (2007: from Track and Field Sports (Athletics))"; "Olympic Games. (2004: from Track and Field Sports)" e "Men's International Competition. (2003: from Track and Field Sports)".
Ligazóns externas Ficha na páxina da International Association of Athletics Federations .
Categoría:Atletas olímpicos de Kenya Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo Categoría:Atletas olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1974 Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Kenya Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Kenya Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Nados en Kenya Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2016