Celestino Pichel Bouzas, nado en Viascón (Cerdedo Cotobade) en 1926 e finado en Montevideo o 6 de outubro de 2014, foi un gaiteiro galego.

Traxectoria Emigrou a Uruguai en 1953, onde viviu dende entón. Despois de chegar a Montevideo vinculou a súa actividade musical coa Casa Gallega de Montevideo. Foi fundador e tesoureiro do Centro Pontevedrés de Montevideo. Dende 1990 dirixiu a escola e o grupo de gaitas do Ballet Folclórico Obradoiro. Celestino Pichel era curmán de Ricardo Portela, o gaiteiro de Viascón.Reportaxe sobre a emigración galega en Uruguai e Celestino Pichel no programa da TVG Alalá, 24 de novembro de 2008. Estaba considerado como o gaiteiro de máis idade de América. Finou en Montevideo o 6 de outubro de 2014.Mueren Celestino Pichel y Dalmiro Blanco, dos pontevedreses de referencia en la emigración gallega

Recoñecementos No ano 2009 a Deputación de Pontevedra outorgoulle o premio Entreculturas, que recoñece o labor de persoas e entidades no eido da defensa do emigrante e da cultura galega.

Notas

Categoría:Gaiteiros de Galicia Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en 1926 Categoría:Galegos do Uruguai Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2014