Artūras Karnišovas, nado o 27 de abril de 1971 en Klaipėda, Unión Soviética (agora Lituania) é un ex xogador profesional de baloncesto lituano. Cunha altura de 2,04 metros xogaba na posición de ala. Destacaba polo seu excelente tiro exterior. Actualmente é vicepresidente executivo de operacións baloncestísticas dos Chicago Bulls da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria Conseguiu os seus maiores éxitos deportivos coa Selección lituana de baloncesto, coa que conquistou dúas medallas de bronce nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 e Atlanta 1996, e a medalla de prata no Eurobasket de 1995.
A nivel de clubs os seus maiores éxitos cultivounos no FC Barcelona, co que gañou tres ligas ACB e unha Copa do Rei, aínda que quedou dúas veces ás portas de gañar a Euroliga xa que disputou dúas veces a final, en 1996 e 1997, perdéndoa en ambas as ocasións. Entre 1998 e 2000 xogou dúas tempadas no Fortitudo Bologna, co que gañou unha liga de baloncesto de Italia e unha Supercopa. Antes de retirarse volveu xogar dúas tempadas máis no FC Barcelona.
Equipos border|20px|URSS Statyba Vilnius (1989–1990) border|20px|NCAA Seton Hall Pirates (1990–1994) border|20px|LNB Pitch Cholet (1994–1995) border|20px|ACB Barcelona Banca Catalana (1995–1997) border|20px|HEBA Olympicos Piraeus (1997–1998) border|20px|LEGA Fortitudo Bologna (1998–2000) border|20px|ACB FC Barcelona (2000–2002)
Palmarés Títulos internacionais de selección 2 medallas de Bronce nos Xogos Olímpicos: 1992 e 1996, coa Selección de Lituania. 1 medalla de Prata no Eurobasket de 1995 coa Selección de Lituania.
Títulos internacionais de club 2 veces subcampión da Euroliga: 1996 e 1997, co FC Barcelona.
Títulos nacionais de club España 3 Ligas ACB: 1995-1996, 1996-1997, 2000-2001, co FC Barcelona. 1 Copa del Rei: 2000-2001, co FC Barcelona. 3 Lliga Catalana de Bàsquet: 1995-1996, 2000-2001, 2001-2002, co FC Barcelona.
Italia 1 Lega Basket Serie A: 1999-2000, co Fortitudo Bologna. 1 Supercopa de Italia: 1999-2000, co Fortitudo Bologna.
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com
Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados no condado de Klaipėda Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Lituania Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Cholet Basket Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores do Olympiacos BC Categoría:Xogadores do Fortitudo Bologna Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Lituania Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto