O Club Baloncesto L'Hospitalet, coñecido por motivos de patrocinio como Torrons Vicens L'Hospitalet é un club de baloncesto profesional español con sede en L'Hospitalet de Llobregat, Cataluña. Actualmente compite na Liga LEB Prata, terceira categoría do baloncesto español. O club, que chegou a competir varias veces na máxima categoría, posúe no seu palmarés unha Copa do Rei, conseguida en 1940 após vencer na final ao Athletic de Gràcia. O club é tamén coñecido por organizar o prestixioso Torneo Júnior Ciutat de L´Hospitalet.

Historia Fundado en 1929, é un dos clubs máis antigos de España no deporte da canastra. A pesar de que actualmente compite na Liga EBA, que é a cuarta categoría do baloncesto español, o L'Hospitalet é un club histórico do baloncesto español. Foi un dos clubs participantes na primeira edición da Liga ACB e ten no seu palmarés unha Copa do Rei, conseguida en 1940, e dous Campionatos de Cataluña (1940 e 1941). As cores do club son o azul e o branco.

A súa primeira aventura a máxima categoría do baloncesto foi na temporada 1973−1974, cando consegue conseguir o ascenso á primeira división da Liga española. Nela estivo até o ano 1978, cando baixou á Segunda División. En 1983 ascende e participa na primeira edición da Liga ACB. Porén, só chega a disputar unha edición, xa que descendeu de categoría tras perder nos playoffs polo descenso ante o Peñas Recreativas Huesca.

Tras diversos descensos, na temporada 1999−2000 disputou a Liga EBA, da que se proclamou campión na temporada 2003−2004 logrando o ascenso á LEB 2. Na temporada 2004−2005 proclamouse campión de LEB 2 e ascendeu á LEB Ouro, onde se mantivo durante tres temporadas. Así, en 2009 xoga na LEB Prata, aínda que descendendo dúas temporadas despois á Liga EBA. Tras regresar á terceira categoría en 2016, na temporada 2020−21 o club descende de novo á EBA. Con todo, tan só permanecer na EBA unha temporada, ascendendo de novo á LEB Prata en 2022.

Xogadores Destacados

José Ángel Antelo Salva Arco Quino Colom Alberto Corbacho Joan Creus Xavi Fernández Manolo Flores Roger Grimau Serge Ibaka Josep Maria Jofresa Ferran Laviña Álex Llorca Marcel·lí Maneja Nacho Suárez Chris Copeland Essie Hollis

Palmarés Copa do Rei Campións (1): 1940 Subcampións (1): 1941

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial do CB L'Hospitalet Perfil do CB L'Hospitalet en feb.es

Hospitalet Categoría:Deporte en L'Hospitalet de Llobregat