"Killing in the Name" é un sinxelo da banda estadounidense de rap metal Rage Against the Machine, editado en novembro de 1992 e tirado do seu primeiro álbum Rage Against the Machine. O tema acadou o posto 25 nas listas de sinxelos inglesas.

O tema, composto pouco despois dos graves disturbios de Los Ángeles de 1992, trata do racismo institucionalizado nas forzas policiais dos Estados Unidos e a conseguinte brutalidade policial en nome da supremacía branca.

No ano 2009, a canción formou parte dunha exitosa campaña en Facebook para evitar que a canción gañadora do programa The X Factor acadase o número 1 en Nadal no Reino Unido 5 anos consecutivos. "Killing in the Name" converteríase no primeiro tema en acadar ese posto só a base de descargas.

O solo interpretado por Tom Morello para esta canción foi elixido pola revista NME como o cuarto mellor solo de todos os temposOs 50 mellores solos de guitarra para NME.

Lista de cancións "Killing in the Name" "Darkness" "Clear the Lane"

Notas

Categoría:Sinxelos de 1992