A Organización Hidrográfica Internacional (en inglés International Hydrographic Organization, en francés Organisation hydrographique internationale) é unha organización intergobernamental consultiva e técnica de hidrografía, establecida por un acordo asinado en Mónaco o 3 de maio de 1967 que entrou en vigor en 1970.

A OHI concreta unha cooperación iniciada a comezos do século XX entre os Estados que dispoñían de capacidade para realizar levantamentos hidrográficos e de publicar as súas propias cartas mariñas. No 2006, a Organización Hidrográfica Internacional con sede central en Mónaco, estaba composta por 77 membros.

Obxectivos É o organismo coordinador dos Servizos Hidrográficos, oficialmente acreditados polos seus respectivos gobernos e os seus obxectivos son: Coordinar as actividades das Oficinas Hidrográficas Estatais. Lograr estandarización nas publicacións cartográficas e náuticas en xeral. Adoptar métodos fiables e eficientes para o procedemento de levantamentos hidrográficos. Promover o desenvolvemento das ciencias no eido da hidrografía e das técnicas usadas na oceanografía física.370px|miniatura| Datos de 2006.|centro

Notas

Véxase tamén

Océanos e mares do mundo segundo a OHI Ligazóns externas International Hydrographic Organization

Categoría:Organizacións Categoría:Hidroloxía