Aquilino Iglesia Alvariño, nado na Pedrosa (Seivane de Vilarente, Abadín) o 12 de xuño"O mundo das letras lembra a Aquilino Iglesia Alvariño no seu centenario" , Ramón Loureiro en La Voz de Galicia, 10 de xuño de 2009. de 1909 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1961, foi un profesor e escritor galego, un dos poetas máis significativos do século XX en lingua galega. et al.: "Iglesia Alvariño, Aquilino" en No ano 1986 adicóuselle o Día das Letras Galegas.
Traxectoria Formouse no Seminario de Mondoñedo, mais en 1931 abandonou a carreira eclesiástica ao non acadar unha bolsa para continuar estudos en Roma. Logo de facer o servizo militar en Ferrol, en 1933 instalouse en Santiago de Compostela, onde traballou como corrector de probas para a Editorial Nós e como director do semanario A Nosa Terra, voceiro do Partido Galeguista. No verán dese mesmo ano é contratado polo colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa como profesor de latín, en substitución de Xosé Crecente Vega. Nesta vila recibiu clases de inglés do enxeñeiro Charles Lessner.
O 10 de marzo de 1938 casou coa catoirá Dolores Ferreirós, mestra no Carril, a quen coñecera en 1932 na voda de Jesús Garrido Álvarez. Tiveron tres fillos: Jaime (n. 1939), Aquilino (1941) e Manuel (1945).
En 1944 rematou a licenciatura de Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, e en 1949 aprobou as oposicións como catedrático de latín de Ensino Medio"Xerais publica unha monografía sobre Aquilino Iglesia Alvariño", El Progreso, 11 de xuño de 2009. e responsábel desta materia en institutos de Lugo e Pontevedra e máis tarde no Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. En 1949 leu o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, sobre a lingua literaria nos poetas do norte da provincia de Lugo.
En setembro de 1929 recibiu o seu primeiro premio literario por "Ofrenda lírica a una santa", un poema en castelán sobre Tareixa de Lisieux. Traduciu ao galego textos de autores clásicos grecolatinos como Horacio, Teócrito e Tibulo. A súa poesía inscríbese dentro da corrente iniciada por Noriega Varela que deu en chamarse humanismo paisaxista ou neovirxilianismo, compartida con autores coma Xosé María Díaz Castro ou Crecente Vega.
Na súa obra percíbese a pegada da poesía clásica, do saudosismo portugués e, en menor medida, do imaxinismo herdado de Luís Amado Carballo e do vangardismo de Manuel Antonio. Os temas recorrentes na súa poesía son a dor existencial e a paisaxe. Antes da guerra publicou Señardá (1930), poemario formado por 50 sonetos no que o tema principal é a dor; e Corazón ao vento (1933) onde hai unha maior abertura ao vangardismo, tamén foi colaborador de A Nosa Terra, fundador da Renacencia e militante do Partido Galeguista.
Cando estoupou a guerra civil, Iglesia Alvariño compuxo o poemario de signo fascista en castelán Contra el ángel y la noche. En 1947 aparece Cómaros Verdes, considerado o primeiro libro de poesía de entidade publicado en lingua galega tras a guerra, no que abandona a rima empregando preferentemente o hendecasílabo branco e se mergulla nun paisaxismo no que a saudade é un tema fundamental, mesturando hilozoísmo, neotrobadorismo e clasicismo formal.
En 1951 participou no certame de tradución que organizou a editorial Bibliófilos Gallegos, cunha versión das Carmina de Horacio que traduciu como Canciós. Non gañou o certame, se ben os vencedores (Ramón Piñeiro e Celestino Fernández de la Vega, cunha tradución de poemas gaélicos que escolmara Julius Pokorny) non cumpriron as bases ao non traducir directamente da lingua orixinal, senón do alemán (2001): "A tradución galega, por Aquilino Iglesia Alvariño, das Odas de Horacio", en : Insights into translation. A Coruña: Tórculo..
En Día a Día (1960) domina a actitude existencial con continuas referencias ao pasado e nun ton grave e reflexivo. Con Lanza de Soledá (1961, Premio Marina 1960) volve ao soneto e a temática céntrase na angustia humana no medio dunha "noite" simbólica na que a contraposición luz/sombra ten grande importancia. Nese mesmo ano publica tamén Nenias, poemas homenaxe a autores galegos e foráneos, modernos e antigos que van dende Catulo ata Rosalía de Castro. Postumamente editouse Leva o seu cantare (1963), que recolle poemas inéditos ou espallados por diversas publicacións.
Vida persoal
Casou con Dolores Ferreirós e foi pai do historiador Aquilino Iglesia Ferreirós.
Recoñecementos Premio Marina 1960 por Lanza de Soledá
Premio Noriega Varela de poesía no Certame Literario do Miño polo poema "Pastor de ríos" (1960).
Obras miniatura|Cómaros verdes esta incluído na BG120. Poesía
Señardá (Lugo, 1930). Corazón ao vento (Lugo, 1933). Ilustrado por Luís Seoane. Contra el ángel y la noche (Buenos Aires: Emecé, 1941). Cómaros verdes (Vilagarcía de Arousa: Celta, 1947).Despois incluído na Biblioteca Galega 120. De día a día (Vilagarcía de Arousa: Celta, 1960). Lanza de soledá (Ourense: Editora Comercial, 1961). Nenias (Vigo: Colección Salnés, Galaxia, 1961). Leva o seu cantare (Vilagarcía de Arousa: Celta, 1964). Escolma de poesía (Biblioteca Básica da Cultura Galega, 1983). Poesía galega completa (Vigo: Xerais, 1986).
Traducións Horacio, Carmina (Madrid: CSIC, 1950). Plauto, A comedia da oliña (Vigo: Galaxia, 1962).
Ensaios Lengua e estilo de Cabanillas. Obras completas de Ramón Cabanillas (Buenos Aires: Galicia, 1959). A lengua dos poetas do Norte de Lugo (A Coruña: Real Academia Galega, 1964). Noriega Varela, poeta da montaña (Vigo: Galaxia, 1969).
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Aquilino Iglesia en Galiciadixital na Biblioteca Virtual Galega. Aquilino Iglesia Alvariño en Biografías y Vidas Amor, cantado por Batital (2010) Aquilino Iglesia Alvariño no arquivo do Instituto de Pontevedra
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Día das Letras Galegas Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en Abadín Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1961 Categoría:Xeración do 36 Categoría:Xeración mindoniense Categoría:Profesores de educación secundaria