Antonio Alcalá Galiano, nado en 1789 e finado en 1865, foi un político, orador e escritor español.

Traxectoria Deputado a Cortes durante o Trienio liberal de 1820-1823, presidiu a sesión na que se declarou a incapacidade de Fernando VII. Emigrado e Inglaterra, regresou a España en 1834. En 1837 afiliouse ao partido moderado, e foi ministro de Mariña nun goberno presidido por Istúriz e de Fomento noutro presidido por Narváez.

Deixou dúas obras autobiográficas de valor histórico e literario: Recuerdos de un anciano (1878) e Memorias (1886). O seu prólogo a El moro expósito, do duque de Rivas, está considerado como o primeiro manifesto do romanticismo español. Influído polo pensamento político inglés, tendeu cara a unha política pragmatista e unha ideoloxía de tipo liberal.

Véxase tamén

Categoría:Ministros de España Categoría:Escritores de Andalucía Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Académicos da Real Academia Española Categoría:Académicos da Real Academia da Historia Categoría:Literatura do Romanticismo Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Políticos do Partido Moderado Categoría:Académicos de número da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas