O Soccer City, chamado por motivos publicitarios FNB Stadium (First National Bank), é un estadio de fútbol localizado en Xohanesburgo, Suráfrica, que foi sede de partidos da Copa Mundial de Fútbol de 2010, entre os cales estiveron o partido inaugural e a gran final entre os Países Baixos e España.
Foi construído en 1987, e dispuña de 78.000 espectadores. Foi parcialmente demolido para o mundial de 2010, e a súa capacidade ampliada a 94.700 espectadores sentados, o que o converte no estadio máis grande de África. A maioría dos grandes acontecementos futbolísticos de Suráfrica desenvólvense no FNB, xa que se adapta mellor a estes eventos que o próximo Ellis Park, onde se disputou a final da Copa do Mundo de Rugby de 1995. Soweto e o Centro Nacional de Exposicións en Nasrec están nas súas proximidades. Unha vez remodelado, volveu ser sede de partidos internacionais da selección de fútbol de Suráfrica, disputando o primeiro deles contra Colombia, o 27 de maio de 2010.
Eventos No Soccer City xogouse a final da Copa Africana de Nacións 1996, na que Suráfrica quedou campioa. Tamén foi escenario do primeiro discurso multitudinario de Nelson Mandela, tras a súa liberación en 1990. En 1993 celebráronse no estadio os funerais por Chris Hani, o líder do Partido Comunista de Suráfrica. Foi tamén o escenario para o funeral de Nelson Mandela o 10 de decembro de 2013, cinco días despois do seu falecemento.
Copa do Mundo 2010
Soccer City albergará o 11 de xuño de 2010 o partido inaugural do campionato, entre a elección do país anfitrión e a selección de México, e despois catro da primeira rolda, un de oitavos de final, outro de cuartos de final e a gran final. O estadio someteuse a unha importante renovación para o torneo, cun novo deseño inspirado na cerámica tradicional africana. O nivel superior estenderase en todo o estadio para aumentar a capacidade a 94.700 espectadores, con 99 suites executivas. Inclúe a construción dunha cuberta elíptica, novas instalacións de vestiarios e nova iluminación. As obras foron adxudicadas ao consorcio Grinaker-LTA, e comezaron en febreiro de 2007. En xullo de 2009, o estadio estaba practicamente completado, faltando só por plantar o céspede, culminando as obras en decembro de 2009.
Partidos Soccer City albergou durante o campionato oito encontros (incluíndo o partido inaugural e a final): cinco encontros da fase de grupos, un de oitavos de final, un de cuartos e a final. Os partidos foron os seguintes:
Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores 11 de xuño Primeira rolda Suráfrica 1 - 1México 84.490 14 de xuño Primeira rolda Países Baixos 2 - 0Dinamarca 83.465 17 de xuño Primeira rolda Arxentina 4 - 1 Corea do Sur 82.174 20 de xuño Primeira rolda Brasil 3 - 1 Costa do Marfil 84.455 23 de xuño Primeira rolda Ghana 0 - 1 Alemaña 83.391 27 de xuño Oitavos de final Arxentina 3 - 1 México 84.377 3 de xullo Cuartos de final Uruguai 1 - 1 Ghana 84.017 11 de xullo Final Países Baixos 0 - 1 España 84.490
Notas
Véxase tamén Outros artigos Copa Mundial de Fútbol de 2010
Ligazóns externas
Sitio web oficial Soccer City en Google Maps
Categoría:Estadios de fútbol de Suráfrica Categoría:Estadios do Mundial de Fútbol de 2010