Primitivo Iglesias Sierra, nado en Loboso ou Guizán (Pastoriza) o 18 de xullo de 1950, é un escritor, tradutor, mestre e político galeguista ligado ao PSdeG.
Traxectoria É licenciado en Filosofía e Letras, pola rama de filoloxía moderna, na Universidade de Santiago de Compostela. Foi, até a súa xubilación en 2010, catedrático de Lingua e Literatura Galega no IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo. Pasara antes por Sarria, entre 1977 e 1979, e mais por Ourense, entre 1979 e 1989.
Participou no XIX Congreso Internacional de Lingüística e Filoloxía Románica en Santiago de Compostela en 1989, así como tamén no Congreso Internacional de Lingüística organizado en Lugo no ano 2000.
Dende 2007 é alcalde de Pastoriza polo PSdeG, co apoio do BNG. Reelixido alcalde en 2011, 2015 e 2019.
Dende 2009 pertence a asociación cívica a prol da lingua galega ProLingua.
Obras Vocabulario Gallego-Castellano (Argos-Vergara, 1984) Diccionario Xerais da Lingua (Xerais, 1986) Pequeno Diccionario Xerais da Lingua (Xerais, 1989) Diccionario Castelán-Galego (Xerais, 1990) Literatura Galega, 3º BUP (Anaya, 1991) Gran Diccionario Xerais da Lingua (Xerais, 2000) Novo Diccionario Xerais da Lingua (Xerais, 2002)Gran Dicionario Xerais da Lingua Galega (Xerais, 2009)
Publicou artigos nas revistas Grial, A Trabe de Ouro, Irimia, Encrucillada ou Verba, e tamén columnas no diario lugués El Progreso.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Pastoriza
Ligazóns externas Pregón a cargo de P. Iglesias na romaría organizada pola asociación cultural Pena de Rodas en 1995. Perfil de Primitivo Iglesias en galegos.info
Categoría:Alcaldes de Pastoriza Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Nados en Pastoriza Categoría:Nados en 1950