Luís Quinteiro Fiúza, nado en Sabrexo (Vila de Cruces) o 26 de xuño de 1947, é un relixioso católico galego, dende o ano 2010 bispo da diocese de Tui-Vigo.

Traxectoria Luís Quinteiro Fiúza naceu en Sabrexo (Vila de Cruces) o 26 de xuño de 1947.

Realizou os seus estudos eclesiásticos no seminario de Santiago de Compostela, a Universidade Pontificia de Comillas, a Universidade Pontificia Gregoriana de Roma e o Instituto de Teoloxía de Múnic. Licenciouse en Teoloxía e Filosofía, e doutorouse en Filosofía pola Universidade Pontificia Gregoriana de Roma.

Foi formador do seminario menor de Santiago, coadxutor da parroquia de San Xoán Apóstolo de Santiago, capelán das Rvdas. Relixiosas Calasancias de Santiago e profesor do Instituto Teolóxico Compostelán.

Ocupou os cargos de director do Burgo das Nacións (da USC), director do Instituto Teolóxico Compostelán, reitor do seminario maior de Santiago de Compostela, deán da S.A.M.I. Catedral de Santiago de Compostela, vigairo xeral do arcebispado de Santiago de Compostela e bispo auxiliar de Santiago de Compostela (1999-2002).

Foi nomeado bispo da diocese de Ourense o 22 de setembro de 2002, e bispo da diocese de Tui-Vigo o 28 de xaneiro de 2010.

Obra

Cartas pastorais

Sucesión apostólica

Luís Quinteiro Fiúza (1999) Julián Barrio (1993) Antonio María Rouco Varela (1976) Ángel Suquía (1966) Antonio Riberi (1934) Pietro Fumasoni (1916) Domenico Serafini (1900) Serafino Vannutelli (1869) Constantino Patrizi Naro (1828) Carlo Odescalchi (1823) Giulio Maria della Somaglia (1788) Hyacinthe-Sigismond Gerdil (1777) Marcantonio Colonna (1762) Carlo della Torre Rezzonico (1743) Prospero Lorenzo Lambertini (1724) Pietro Francesco Orsini (1675) Paluzzo Paluzzi Altieri degli Albertoni (1666) Ulderico Carpegna (1630) Luigi Caetani (1622) Ludivico Ludovisi (1621) Galeazzo Sanvitale (1604) Girolamo Bernerio (1586) Giulio Antonio Santorio (1566) Scipione Rebiba (1541)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía do bispo de Tui-Vigo

Categoría:Bispos da diocese de Ourense Categoría:Nados en Vila de Cruces Categoría:Bispos da diocese de Tui-Vigo Categoría:Nados en 1947 Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de literatura relixiosa Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia Comillas Categoría:Bispos católicos de Galicia