Erika Lust, nada en Estocolmo en 1977, é unha produtora de filmes pornográficos sueca. É a cofundadora da Lust Films. Dende o ano 2000 reside en Barcelona.

Traxectoria Formouse en Estocolmo en ciencias políticas e feminismo pola Universidade de Lund. Os seus filmes adoptan unha óptica feminina, é dicir, están destinados a excitar as mulleres, mostrando como a parella fai o amor, a forma de se bicaren e tiraren a roupa etc.

En 2004 dirixiu The good girl, unha curta de 25 minutos de duración que foi premiada como a mellor curtametraxe do ano no Festival Internacional de Cinema Erótico de Barcelona (FICEB 2005). En 2007 dirixiu Five Hot Stories for Her, unha compilación de cinco curtas coa que gañou o premio ao Mellor Guión no Festival de Cinema Erótico de Barcelona en 2007, Mellor Filme para Mulleres no E-Erotic Awards Line (Berlín, 2007), obtivo unha unha mención honrosa no Festival CineKink (Nova York, 2008) e recibiu o premio de Mellor Filme do Ano no Feminist Porn Awards, celebrado en Toronto en 2008. Nese ano, 2008, escribiu e dirixiu Barcelona Sex Project, un filme experimental independente adulto cun ollar máis atento para as vidas de tres homes e tres mulleres.

É tamén a autora do libro Good Porn: A Woman's Guide.

Véxase tamén Outros artigos Pornografía Cinema porno Feminismo

Ligazóns externas Blog de Erika Lust Páxina web da directora

Categoría:Nados en Estocolmo Categoría:Nados en 1977 Categoría:Directores de cinema porno Categoría:Feministas de Suecia