Ramón Varela Díaz, nado en Escairón (O Saviñao) en 1952, é un biólogo e ecoloxista galego.

Traxectoria Ramón Varela é catedrático en Bioloxía e Xeoloxía e doutor en Bioloxía; a súa tese doutoral tratou sobre "a contaminación atmosférica en Galiza" e non foi aceptada na Universidade de Santiago, mais aceptouna a Universidade Autónoma de Madrid -que está considerada como a máis prestixiosa en estudos ambientais a nivel estatal- coa máxima cualificación. Foi presidente da asociación ecoloxista ADEGA entre 1981 e 1996.

Obras Ensaio A contaminación das centrais nucleares: Xove, 1981, Xistral. Os residuos radioactivos: ameaza no presente e para o futuro, 1983, Xistral. Eucaliptos, celulosas e forestal galego, 1990, ADEGA. O ABC da choiva ácida, 1997, Baía Edicións. Contaminación e saúde, 1997, Laiovento. Contaminación atmosférica en Galiza. Inventario de emisións de gases de efecto invernadoiro, gases acidificantes e dioxinas (ano 2000), 2004, Baía Edicións.

Obras colectivas Os resíduos na Galiza, 1994, Baía Edicións. Celulosas e progreso. 25 Anos de Medio Ambiente e Ecoloxismo na Galiza, 2001, ADEGA.

Véxase tamén Ligazóns externas Ramón Varela: “A ordenación do país debería facerse nesta lexislatura” , entrevista a Ramón Varela en El Correo Gallego, 3 de xaneiro de 2008. Informe de Ramón Varela sobre a contaminación en Galiza - 2008

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados no Saviñao Categoría:Nados en 1952 Categoría:Biólogos de Galicia