«Liberty Enlightening the World» (A liberdade iluminando o mundo), coñecida como a Estatua da Liberdade (en inglés: The Statue of Liberty; en francés: Statue de la Liberté), é un dos monumentos máis celebres dos Estados Unidos de América localizado na entrada do porto de Nova York desde o 28 de outubro de 1886 (atópase na illa da Liberdade ao sur da illa de Manhattan, xunto á desembocadura do río Hudson e preto da illa Ellis). Conmemora o centenario da sinatura da Declaración de Independencia dos Estados Unidos e é un regalo en xesto de amizade de Francia para cos Estados Unidos de América. Foi proxectada e construída polo escultorNa biografia de Frédéric Auguste Bartholdi alsaciano Frédéric Auguste Bartholdi (1834-1904), que supostamente usou a súa nai como modelo. Para a construción da estrutura metálica interna da estatua, Bartholdi contou coa asistencia do enxeñeiro francés Gustave Eiffel, coñecido como autor da Torre Eiffel de París.

A estatua é dunha figura feminina vestida que representa a deusa romana Libertas que leva un facho na man dereita e unha tabula ansata (unha tableta que evoca a lei) na man esquerda sobre a cal está inscrita a data da Declaración Americana de Independencia, o 4 de xullo de 1776. Aos seus pés atópase unha cadea rota.

A Estatua da Liberdade, ademais de ser un monumento importante na cidade de Nova York, converteuse nun símbolo nos Estados Unidos e representa, nun plano máis xeral, a liberdade e emancipación con respecto á opresión. Desde a súa inauguración en 1886, a estatua foi a primeira visión que tiñan os inmigrantes europeos ao chegar aos Estados Unidos tras a súa travesía polo océano Atlántico. En termos arquitectónicos, a estatua recorda o famoso Coloso de Rodas, unha das «sete marabillas do mundo». Foi nomeada para as «novas sete marabillas do mundo», onde resultou finalista. O nome asignado pola Unesco é «Monumento Nacional Estatua da Liberdade». Desde o 10 de xuño de 1933 encárgase da súa administración o National Park Service dos Estados Unidos.

O 15 de outubro de 1924, a estatua foi declarada como monumento nacional dos Estados Unidos e o 15 de outubro de 1965 engadiuse a illa Ellis. Desde 1984 está considerada Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

Historia Agasallo para Estados Unidos miniatura|upright|Frédéric Auguste Bartholdi (1834-1904), deseñador da Estatua da Liberdade. De acordo co Servizo Nacional de Parques, a idea da Estatua da Liberdade foi proposta por primeira vez polo xurista e político francés, autor de Paris en Amérique, Édouard René Lefebvre de Laboulaye (1811-1883) quen tivo a idea de que Francia ofrecese un agasallo aos Estados Unidos como un obsequio para a conmemoración do centenario da independencia estadounidense, como recordo da longa amizade entre ambos os países e para garantir a alianza franco-estadounidense. Nunha conversación con Laboulaye, o seu amigo o novo escultor alsaciano Frédéric Auguste Bartholdi díxolle: je lutterai pour la liberté, j'en appellerai aux peuples libres. Je tâcherai de glorifier la République là-bas, en attendant que je la retrouve un jour chez nousLoitarei pola liberdade, pedireillo aos pobos libres. Tratarei de glorificar a República alí, ata que a reencontre un día entre nós Frédéric Auguste Bartholdi. Nesa época, Estados Unidos acababa de saír da guerra civil que durou desde 1861 ata 1865 e o país estaba no medio da reconstrución. Bartholdi foi contratado para deseñar unha estatua, que debería acabarse en 1876, data do centenario da independencia estadounidense. En 1870, Bartholdi tallou o primeiro esbozo en terracota e un modelo que non serviu,R. Belot, D. Bermond, Bartholdi, 2004, p.237 que hoxe en día se atopa no Musée des Beaux-Arts de Lión. Ese mesmo ano, Francia entrou en guerra con Prusia e tivo que parar o proxecto. O 10 de maio de 1871, Francia tivo que ceder o territorio de Alsacia-Lorena ao Imperio Alemán. A opinión pública e o goberno francés sentíronse decepcionados pola simpatía dos Estados Unidos cara aos alemáns, que contaban cun número importante de residentes en chan estadounidense. O proxecto volveu ser parcialmente paralizado por mor dos problemas políticos da Terceira República, que aínda era considerada por moitos como un arranxo «temporal» e que tiñan a esperanza dun retorno da monarquía. A idea de ofrecer unha representación de liberdade nunha república irmá para Francia, alén do Atlántico, desempeñou un papel importante na loita polo mantemento da república francesa.

En xuño de 1871, Bartholdi viaxou aos Estados Unidos. Durante a viaxe, escolleu a illa de Bedloe, (chamada posteriormente a «illa da Liberdade») como localización da estatua e tamén tratou de conseguir seguidores alén do Atlántico. O 18 de xullo de 1871, reuniuse co presidente daquel entón Ulysses S. Grant, en Nova York.R. Belot, D. Bermond, Bartholdi, 2004, p.255

Modelos para a estatua Elección da cara miniatura|upright|Isabella Eugenie Boyer, posible inspiración do rostro da estatua. Foi a esposa de Isaac Singer. Existen diversas hipóteses dos historiadores sobre o modelo que puido ser utilizado para determinar a cara da estatua, aínda que ningunha delas é realmente definitiva ata o momento.R. Belot, D. Bermond, Bartholdi, 2004, p.399 Entre as posibles inspiracións para a cara da estatua atópase Isabella Eugenie Boyer, viúva do inventor millonario Isaac Singer. (1811-1875)Ruth Brandon, Singer and the Sewing Machine: A Capitalist Romance, p. 211

Segundo outras fontes, Bartholdi inspirouse no rostro da súa nai, Charlotte Bartholdi (1801-1891), e é a hipótese máis considerada ata o presente.Leslie Allen, Liberty: The Statue and the American Dream, p. 21 A revista National Geographic apoiou esta posibilidade, indicando que o escultor nunca explicou nin desmentiu esta semellanza coa súa nai.Alice J. Hall, Liberty Lifts Her Lamp Once More, xullo 1986 Outras versións sosteñen que Bartholdi querería reproducir o rostro dunha nena empolicada nunha barricada sostendo un facho, ao día seguinte do golpe de estado de Napoleón III.R. Belot, D. Bermond, Bartholdi, 2004, p.400 Talvez simplemente realizou unha síntese de varias caras femininas, co fin de dar unha imaxe neutra e impersoal da Liberdade.

Inspiración no estranxeiro Durante unha visita ao Exipto, Bartholdi tivo que facer un traballo na Canle de Suez. Este proxecto iniciouse baixo a dirección do empresario e diplomático francés Ferdinand de Lesseps, que posteriormente se converteu nun dos seus mellores amigos. Bartholdi imaxinou un gran faro, que se atoparía na entrada da canle, o cal sinalaría as rutas. O faro foi ideado como a imaxe con aparencia clásica (estola, sandalias, expresión facial) da deusa Libertas da mitoloxía romana, divindade da liberdade. Pretendíase que a luz do faro brillase a través dunha venda colocada ao redor da parte superior do faro, e xurdiu a idea dun facho mantido no aire, cara ao ceo. Barthold presentou o proxecto ao quediva Ismail Pasha en 1867 e novamente en 1869, pero o proxecto nunca foi aprobado Os debuxos do proxecto titulado «Exipto leva a luz a Asia», aseméllanse en gran medida á Estatua da Liberdade, aínda que Bartholdi asegurou que o monumento de Nova York non era unha reutilización, senón unha obra orixinal.

Detalles da estrutura esquerda|miniatura|upright|Planos da estatua, realizados en 1885. Por mutuo acordo entre Francia e os Estados Unidos, este último levaría a cabo a construción da base do monumento, mentres que Francia se encargaría da construción da estatua e da súa posterior ensamblaxe unha vez que as pezas se transportasen a chan estadounidense. Con todo, xurdiron problemas financeiros a ambos os dous lados do Atlántico.

En Francia, a campaña para a promoción da estatua comezou no outono de 1875.R. Belot, D. Bermond, Bartholdi, 2004, p.279-281 Foi a fundación en 1874 da chamada Unión Franco-Estadounidense, a que se fixo cargo de organizar a recadación de fondos para a construción do monumento. Todos os medios da época utilizáronse para ese propósito: artigos na prensa, espectáculos, banquetes, impostos, loterías etc. Varias cidades francesas,Le Havre offrit 1.000 francs, le conseil municipal de Paris, francs ; R. Belot, D. Bermond, Bartholdi, 2004, p.295 o Consello Xeral, a cámara de comercio, o Gran Oriente de Francia e miles de particulares fixeron doazóns para a construción da estatua. Houbo un número total de 100.000 doadores.Chiffre invérifiable : R. Belot, D. Bermond, Bartholdi, 2004, p.295 Antes de que finalizase o ano 1875, os fondos ascendían a un total de 400.000 francos, pero o orzamento incrementouse posteriormente ata 1 000 000 de francos da época.Jacques Betz, « Frédéric-Auguste Bartholdi, sa vie et son œuvre », dans Annuaire de la Société d'histoire et d'archéologie de Colmar, 1979, p.128 Non foi ata 1880 que se recolleron o total dos fondos en Francia. Mentres tanto, nos Estados Unidos, fixéronse presentacións teatrais, exposicións de arte, poxas, así como combates de boxeo profesional para recadar fondos para a construción.

Mentres tanto, en Francia, Bartholdi buscou un enxeñeiro para que se encargase do deseño da estrutura interna da estatua, en cobre. Gustave Eiffel foi contratado para levar a cabo devandita labor, ademais de crear unha torre interna que soportase a estatua e deseñar un esqueleto secundario interno que permitise que a «pel» de cobre se mantivese en posición vertical. As pezas de cobre foron construídas nos talleres da empresa Gaget-Gauthier, en 1878. Os ferros de cobre foron unha doazón de Pierre-Eugene Secrétan. Os traballos de precisión encargáronse ao enxeñeiro Maurice Koechlin, home de confianza de Eiffel, co que tamén traballara na construción da Torre Eiffel.

Bartholdi tiña a esperanza de que a estatua estaría completada e montada para o 4 de xullo de 1876, data do centenario da independencia dos Estados Unidos. Houbo unha demora no inicio da construción e, a continuación, algúns problemas durante o período de construción atrasaron a obra: o xeso da man rompeu en marzo de 1876.R. Belot, D. Bermond, Bartholdi, 2004, p.299 Esta última, con parte do brazo, expúxose en setembro de 1876 na Exposición do Centenario de Filadelfia.R. Belot, D. Bermond, Bartholdi, 2004, p.300 Os visitantes puideron subir unha escaleira que conducía ao balcón situado ao redor do facho pagando só 50 centavos. Fotografías, carteis e modelos da estatua foron vendidos durante a exposición. O diñeiro recadado usouse para completar os traballos. Dous anos máis tarde, en xuño de 1878, a cabeza da estatua foi mostrada ao público nos xardíns do Campo de Marte con ocasión da Exposición Universal de París, onde os visitantes podían entrar na cabeza e subir ata a coroa usando unha escaleira de 43 metros.R. Belot, D. Bermond, Bartholdi, 2004, p.329

Patente da estatua miniatura|upright|A patente da estatua, obtida por Bartholdi en 1879. O 18 de febreiro de 1879, Bartholdi obtivo nos Estados Unidos a patente para o monumento, co número D11.023.

Esta patente describíaa nos seguintes termos: A patente tamén especificaba que o rostro da estatua tiña "trazos clásicos, pero ao mesmo tempo atópase seria e tranquila" …,Texto orixinal da patente: «Classical, yet severe and calm, features». e que estaba "lixeiramente inclinada cara á esquerda para descansar sobre a perna esquerda, con toda a figura permanecendo en equilibrio".Texto orixinal da patente: «Thrown slightly over to the left so as to gravitate upon the left leg, the whole figure thus being in equilibrium.»

Adquisición da illa