David Ferrer Garrido, nado en OurenseFicha hiperbreve de Ferrer Garrido na web da Orde da Vieira o 24 de abril de 1926 e finado na mesma cidade o 7 de outubro de 1998,La Voz de Galicia, 8-10-1998, p. 60. foi un político e dirixente ourensán. Traxectoria Fillo do comerciante e dirixente ourensán David Ferrer Quirós, Ferrer Garrido licenciouse en Químicas. Ingresou no consello de administración da Caixa de Aforros Provincial de Ourense en 1959. Catro anos despois, o 28 de setembro de 1963,Toma posesión el nuevo alcalde de Orense en La Vanguardia, 29/7/1963 foi nomeado alcalde de Ourense logo da dimisión do xeneral Enrique Alonso Cuevillas, e ocupou a alcaldía ata abril de 1970. Deixou a alcaldía para pasar a ser presidente da Deputación de Ourense, primeiro ata 1973, e posteriormente de novo entre 1976 e 1978. Nesta última época tamén foi presidente do consello de administración da Caixa de Aforros, cargo ao que regresou na década dos noventa e no que permaneceu ata o seu falecemento.

Como alcalde e como presidente da Deputación foi procurador en Cortes entre 1963 e 1974.Procuradores en Cortes por Diputaciones Provinciales, en La Vanguardia, 7/10/1971

Distincións Medalla de Prata de Galicia en 1992.

Notas

Categoría:Alcaldes de Ourense Categoría:Presidentes da Deputación de Ourense Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Ourense Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Medalla de Prata de Galicia Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 1998 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes