Dino Rađa, romanizado habitualmente como Dino Radja, nado o 24 de abril de 1967 en Split, Iugoslavia (actual Croacia) é un ex xogador profesional de baloncesto croata. Está considerado un dos trinta e cinco mellores xogadores da historia da Euroliga. Cunha altura de 2,11 metros xogaba nas posicións de pivote e ala-pivote. Foi membro do lendario equipo da Jugoplastika cos que gañou dúas Copas de Europa. Tamén xogou durante catro tempadas na NBA cos Boston Celtics, sendo elixido no seu ano de debut no segundo mellor quinteto de rookies. Actualmente é presidente do KK Split.

Traxectoria deportiva Os seus primeiros anos Comezou xogando no KK Dalvin até a categoría júnior, de onde foi fichado con 20 anos pola Jugoplastika de Split, onde pronto destacou e fíxose coas rendas do equipo xunto ao seu compañeiro Toni Kukoč, dominando o baloncesto europeo a finais dos anos 80. Xuntos gañaron en dúas ocasións consecutivas a Copa de Europa (actual Euroliga), perdéndose o terceiro título consecutivo tras fichar por Il Messaggero dei Roma por tres tempadas, a pesar de ser elixido no Draft da NBA de 1989 polos Boston Celtics, que terían que esperar uns anos para gozar do seu xogo.

Roma No seu primeiro ano en Roma conseguiu ter unha media de 18,1 puntos, o que fixo que a prensa europea especializada o elixise como segundo mellor xogador europeo da tempada, por detrás do seu amigo Toni Kukoč. Estas estatísticas foron melloradas nas dúas seguintes tempadas, chegando a 20,2 e 21,5 puntos por partido respectivamente. En 1992 axudou ao seu equipo a gañar a Copa Korać.

Boston Celtics Con 26 anos deu por fin o salto á NBA, ao equipo que o seleccionou no posto 40 da segunda rolda no Draft da NBA de 1989, os Boston Celtics, e non defraudou, xa que fixo unha media de 15,1 puntos e 7,2 rebotes, o que lle permitiron ser elixido o segundo mellor quinteto de rookies desa tempada, xunto a Kukoč, novato ese ano nos Chicago Bulls. En Boston pasou tres tempadas e media de forma exitosa, promediando 16,7 puntos e 8,4 rebotes, pero tras un traspaso errado aos Sixers, tomou a decisión de regresar a Europa.

Regreso a Europa En 1997 fichou polo Panathinaikos BC da Liga Grega, onde gañou dous campionatos nas dúas tempadas que disputou alí. Regresou ao seu país, asinando polo KK Zadar, volvendo a Grecia ao ano seguinte para xogar no Olympiacos BC, onde tras unha tempada na que non conseguiu o seu obxectivo de gañar a liga, volveu de novo ao seu país, ao Cibona Zagreb. Acabou a súa carreira no seu primeiro equipo, o KK Split, gañando a liga croata.

Equipos Jugoplastika Split (1987-1989) Il Messaggero di Roma (1990-1993) Boston Celtics (1993-1997) Panathinaikos (1997-1999) KK Zadar (1999-2000) Olympiacos (2000-2001) Cibona Zagreb (2001-2002) KK Split (2002-2003)

Véxase tamén

Ligazóns externas Estatísticas de Dino Rađa na NBA Dino Radja en Interbasket.net

Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Split Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Croacia Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics Categoría:Xogadores do KK Split Categoría:Xogadores do Pallacanestro Virtus Roma Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores do Panathinaikos BC Categoría:Xogadores do KK Zadar Categoría:Xogadores do Olympiacos BC Categoría:Xogadores do KK Cibona Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Iugoslavia Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Iugoslavia Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Croacia Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto