Xabi Aburruzaga, nado en Portugalete (Biscaia) en 1978, é un músico e compositor vasco, mestre da trikitixa.

Biografía Xabi Aburruzaga é un trikitilari biscaíño, que forma parella co pandeireteiro Irkus Ansotegi. Comezou a estudar solfexo con só 7 anos e un ano despois empezou a tocar o acordeón de piano. Despois de gañar varios premios con este intrumento decide pasarse ao acordeón diatónico. O seu primeiro mestre foi Rufino Arrola. Xabi gañou múltiples premios tocando o seu instrumento e publicou varios libros e discos.

Traballos Xabi, des que aprendeu a tocar a trikitixa até agora traballou como mestre e alén diso publicou varios libros e discos. Ademais dos estilos que teñen que ver coa triki é un gran seguidor de diferentes estilos.

Até o ano 1999 non se atreveu a ensinar ao mundo o que el sabe, pero nese ano publicou o seu primeiro disco, recibindo boas críticas. Ao recibir tan boas críticas, ao comezo do seguinte ano recibiu a proposta de realizar a canción da Ikastola Karmelo.

Aos poucos foi facéndose coñecido e decidiu pór en marcha a súa escola de Trikitixa: Trikileku. Ao principio só ían estudantes dos arredores pero hoxe en día hai estudantes de toda Biscaia. O tempo foi transcorrendo e foise facendo máis coñecido e con iso as peticións de participar en diversos proxectos. No ano 2002 tivo que crear a canción de festas de Bermeo. Consecuentemente publicou un novo disco coas colaboracións de Mikel Urdangarin, Joseba Tapia e Iñaki Aurrekoetxea. No ano 2004 participou na canción do Ibilaldia con outros artistas como Eñaut Elorrieta ou Oreka Tx. En 2005 publicou o libro Bizkaiko Trikitixa coa partitura dos trikitilaris biscaíños. Tras publicar o libro e utilizando esas partituras publicou un disco co mesmo título. Vendéronse moitos discos e a consecuencia foi empregando unhas partituras escritas por Faustino Arrola que publicou outro libro e disco, adaptando os novos sons e con música máis moderna. É de destacar a modernidade dada por Xabi xa que as cancións de Faustino son moi antigas. Neste proxecto colaboraron diversos artistas: Amaia Oreja, Mikel Markez, Leturia e Xabi Zeberio.

En 2009 publica un disco con letras propias, Denboraren naufrago, con textos de Kirmen Uribe. Actualmente, está a preparar novos proxectos, compaxina as clases coas súas actuacións e colabora co grupo Oskorri. En 2010 é un dos artistas convidados ao famoso Festival de Ortigueira.

Discografía Denboraren Naufrago (2009) Bizkaiko Trikitixa Diskoa (2007) Sakabi (2007) Bizkaiko Trikitixa liburua (2005) Alkarregaz heldu ibilaldia (2004) Egunaro egunaro kalien (2002) Maketa (2001) Karmelo Ikastolako Kanta (2000)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Aburruzaga, Xabi Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Portugalete