O crioulo haitiano (Kreyòl ayisyen; ), adoito chamado simplemente kreyòl, é unha lingua falada en Haití por arredor de oito millóns de persoas (o 80% da poboación total do país) e, a través da emigración, ten un millón de falantes en Cuba, Bahamas, Canadá, Illas Caimán, a República Dominicana, Güiana Francesa, Martinica, Guadalupe, Belize, Porto Rico e nos Estados Unidos. É a lingua crioula máis falada do mundo. Segundo datos de 2020 tiña 13 millóns de falantes.Nationalencyklopedin "Världens 100 största språk 2007" The World's 100 Largest Languages in 2007 Está regulada pola Akademi Kreyòl Ayisyen.
Historia e características O crioulo haitiano é un dos dous idiomas oficiais de Haití, xunto co francés. É unha lingua crioula baseada no francés do século XVIII con moi diversas influencias, sobre de todo linguas africanas (incluíndo algunha influencia do árabe), así como do español e o taíno e, cada vez máis, do inglés.
Debido en parte aos esforzos de Félix Morisseau-Leroy, dende 1961 o crioulo haitiano recoñécese como lingua oficial de Haití, xunto co francés que fora a única lingua literaria do país dende a súa independencia en 1804. O status oficial mantívose na Constitución de 1987. O uso do crioulo na literatura é pequeno pero está a medrar. Morisseau foi un dos primeiros e máis influentes autores en empregar o crioulo. Dende os 80, moitos educadores, escritores e activistas escriben en crioulo. Hoxe, moitos xornais, así como programas de radio e televisión, empregan o crioulo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en crioulo haitiano Bibliografía Lefebvre, Claire (1985) 'Relexification in creole genesis revisited: the case of Haitian Creole'. In Muysken & Smith (eds.) Substrate versus Universals in Creole Genesis. Amsterdam: John Benjamins. Spears, Arthur K. e Carole M. Berotte Joseph, eds. The Haitian Creole Language: History, Structure, Use, and Education (Lexington Books; 2010) 297 pages. Topics include Creole and English code-switching in New York City, Creole in education in Haiti, and Creole and French in Haitian literature. Turnbull, Wally R. (2000). Creole Made Easy, Light Messages. ISBN 0-9679937-1-7.
Categoría:Linguas crioulas de base francesa Categoría:Linguas de Haití