Manuel Rodríguez Alonso, nado na Groba (Ribadavia) o 16 de xaneiro de 1952 e finado en Pozuelo de Alarcón (Madrid) o 23 de setembro de 2015"Finou o profesor e crítico Rodríguez Alonso" , artigo en Letra en obras, 23 de setembro de 2015.Falece o crítico Manuel Rodríguez Alonso, coautor do Dicionario Xerais de Primaria , necrolóxica no blog da editorial Xerais, 24 de setembro de 2015., foi un crítico literario e filólogo galego. Era sobriño de Xesús Alonso Montero.O cangués Héitor Mera lerá a primeira tese en galego na historia da UNED, nova en La Voz de Galicia o 10 de xuño de 2009.
Traxectoria Era licenciado en Filoloxía pola USC e doutor pola Universidade Autónoma de Madrid. Traballaba na UNED, como profesor de ensino medio. Dende 1988, traballou como lingüista para a editorial Edicións SM. Tiña colaborado na elaboración de diversos materiais didácticos e pedagóxicos, como dicionarios ou gramáticas. Colaborou en revistas como Grial, A Nosa Terra, Revista de Lengua y Literatura Catalana, Gallega y Vasca, Vieiros e Tempos Novos.
Manuel Bragado, director de Edicións Xerais de Galicia, resumiu deste modoManuel Rodríguez Alonso, entrada no blog "Bretemas", xestionado por Manuel Bragado, director de Xerais. o seu activo labor a prol das letras galegas:
Obra en galego Ensaio Diccionario crítico de dúbidas e erros do galego (1993). O galego correcto (1995). O españolismo lingüístico (2004, Espiral Maior)
Obras colectivas Diccionario didáctico do galego (1995). Dicionario Xerais de Primaria (2011, Xerais). Con Xosé Feixó Cid. Historia didáctica da literatura galega (2011, Morgante). Con Héitor Mera. Rosalía na cobiza do lonxe (2013, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades).
Obras en castelán Obras colectivas Diccionario de las lenguas de España (1985). Manual de dudas de la lengua española (1987). Historia de la literatura gallega (2002).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Manuel Rodríguez Alonso e a “tremenda loita” contra o españolismo lingüístico, artigo do académico Francisco Fernández Rei en Madrygal. Revista de Estudios Gallegos. Vol 18 (2015) SSN 1138-9664. Blog de crítica literaria a cargo de Rodríguez Alonso
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes
Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Lingüistas da lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Críticos literarios de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Nados en 1952 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores ao castelán