Denomínase grupo parlamentario en España, a cada un dos grupos formados polos membros do parlamento obtidos no Congreso dos Deputados procedentes dos diferentes partidos políticos.

Formación As condicións para formar un Grupo Parlamentario están recollidas no regulamento do Congreso dos deputados e son as seguintes:

Requírense polo menos 15 deputados para formar grupo parlamentario. En caso de non alcanzar devandito mínimo, unha formación política, poderá formar grupo parlamentario a partir de 5 deputados, a condición de que se posúa un 15% dos votos nas circunscricións onde se presentou ou un 5% dos votos no conxunto do estado.

As formacións políticas que non cumpran estas condicións pasan a formar parte do Grupo Mixto

Financiamento Os grupos parlamentarios reciben unha subvención fixa para todos, máis un plus en función do número de deputados. Esta subvención é xestionada polo grupo.

Funcións Os grupos parlamentarios poden presentar emendas aos proxectos de lei, que son presentados polo goberno. Estas emendas poden ser á totalidade do proxecto, ou ao articulado, é dicir, a partes concretas do proxecto de lei

Grupos parlamentarios existentes a finais do 2024 no Reino de España

Os seguintes grupos parlamentarios son os que existen nas Cortes Xerais na legislaura XV (2023-) do estado español:

Grupo Parlamentario Popular: 137 membros o día 30/12/2024 Grupo Parlamentario Socialista: 120 membros o día 30/12/2024 Grupo Parlamentario VOX: 33 membros o día 30/12/2024 Grupo Parlamentario Plurinacional SUMAR: 27 membros o día 30/12/2024 Grupo Parlamentario Republicano: 7 membros o día 30/12/2024 Grupo Parlamentario Junts per Catalunya: 7 membros o día 30/12/2024 Grupo Parlamentario Euskal Herria Bildu: 6 membros o día 30/12/2024 Grupo Parlamentario Vasco (EAJ-PNV): 5 membros o día 30/12/2024 Grupo Parlamentario Mixto: 8 membros o día 30/12/2024 (1 do BNG, Ábalos , 1 UPN , 1 Coalición Canaria , 4 Sumar/Podemos)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Regulamento do Congreso dos Deputados

Categoría:Política de España Categoría:Poder lexislativo