GalegoLab foi unha asociación cultural fundada en 2010A comezos de ano, malia que a súa web non foi posta a disposición dos usuarios até o 20 de maio do 2010. co obxectivo de promover e normalizar a lingua propia de Galiza, o galegoGalegoLab nace para renovar a loita polo galego , nova n'A Nosa Terra.. A organización tiña como principal ferramenta de traballo a súa páxina web, que vén sendo unha rede social de crowdsourcing, onde os usuarios propoñen, cualifican ou denegan a viabilidade dunha idea ou proxecto.
Algunhas das 50 caras coñecidas que puxeron a andar o proxecto foron Iago Martínez, María Yáñez, Belén Regueira, Antón Reixa ou Xabier P. DoCampo.
En setembro de 2010 a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia premiou a iniciativa GalegoLab dentro da categoría de promoción do Patrimonio, Cultura e Lingua Galegas"Modernización premia 6 proxectos para desenvolver contidos en internet orientados á promoción cultural e á integración de colectivos con dificultades de acceso á sociedade da información" , artigo na web da IMIT, 14 de setembro de 2010.
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado2010Mellor obra interactivaGalegoLabGañador
Notas
Véxase tamén Outros artigos A Navalla Suíza Ligazóns externas Páxina web de GalegoLabarquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014.
Categoría:Asociacións culturais de Galicia