La dolce vita (traducible dende o italiano como "a vida doce" ou "a boa vida")Kezich, 203 é un filme italiano de 1960 dirixido e escrito por Federico Fellini que obtivo o Oscar ao mellor vestiario no 1961, sendo nomeado a catro deles, incluíndo director e guión orixinal, e a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cine de Cannes do 1960.
Estreouse subtitulado en galego o 16 de setembro de 1995 na TVG.
Sinopse Carente dunha trama no seu sentido tradicional e estruturada de xeito episódico, narra os acontecementos da vida de Marcello Rubini (Marcello Mastroianni), angustiado xornalista do corazón mergullado de cheo nos excesos da vida nocturna da clase alta romana e das estrelas dos medios, como a actriz Sylvia (Anita Ekberg). As desenfreadas e exuberantes esmorgas dos ricos romanos contrastan coa escena central do falso milagre da aparición da Virxe, na que moreas de xente humilde acoden desesperadas ao lugar onde se supón que se apareceu para pedirlle diversos favores, vítimas da ignorancia e do engano.
Filme profundamente pesimista, está ateigado de escenas antolóxicas, como a de Anita Ekberg dentro da Fontana di Trevi, ademais de ser unha sátira implacable da sociedade do seu tempo.
Como curiosidade pódese citar que o termo paparazzi para designar aos fotógrafos pesados e carentes de escrúpulos deriva dun personaxe do filme, Paparazzo, amigo de Marcello e que representa ese tipo de reporteiro fotográfico.
Personaxes
Marcello Mastroianni como Marcello Rubini Anita Ekberg como Sylvia Rank Anouk Aimée como Maddalena Yvonne Furneaux como Emma Lex Barker como Robert Magali Noël como Fanny Alain Cuny como Steiner Nadia Gray como Nadia Annibale Ninchi como pai de Marcello Walter Santesso como Paparazzo Valeria Ciangottini como Paola Riccardo Garrone como Riccardo Ida Galli como debutante do ano Audrey McDonald como Jane Gloria Jones como Gloria Alain Dijon como Frankie Stout Enzo Cerusico como fotógrafo Nico como Nico
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bondanella, Peter (1978). Federico Fellini: Essays in Criticism. Nova York: Oxford University Press Bondanella, Peter (1992). The Cinema of Federico Fellini. Princeton: Princeton University Press. Costantini, Costanzo (ed.)(1994). Fellini on Fellini. Londres: Faber and Faber. Fava, Claudio e Aldo Vigano (1985). The Films of Federico Fellini. Nova York: Citadel Press. Fellini, Federico (1976). Fellini on Fellini. Londres: Eyre Methuen. —, e Damian Pettigrew (2003). I'm a Born Liar: A Fellini Lexicon. Nova York: Harry N. Abrams, Inc. Kezich, Tullio (2006). Federico Fellini: His Life and Work. Nova York: Faber and Faber.
Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic
Categoría:Filmes de 1960 Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Federico Fellini Categoría:Filmes en branco e negro Categoría:Filmes sobre xornalistas Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro Categoría:Filmes de 1960 con versión en galego