A Ferrería é unha localidade pertencente á parroquia de Santo André concello das Nogais. Dista da capital municipal 1 km saíndo pola N-VI en dirección á Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 21 habitantes (11 homes e 10 mulleres).

Adícase principalmente á agricultura. Entre os seus monumentos destacan as pontes sobre o regueiro de Santo André e a ponte sobre o río Navia, que serve de linde entre o concello das Nogais e Becerreá. Do outro lado da ponte está A Ferrería, na parroquia de Agüeira, do concello de Becerreá, constituíndo todo un mesmo núcleo de poboación pero pertencente a dous concellos.

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Santo André

Parroquias das Nogais

Categoría:Lugares das Nogais Categoría:Lugares divididos entre dous concellos