miniatura|250px|Cubana de Aviación Cubana de Aviación, S.A., coñecida como Cubana, é a aeroliña oficial de Cuba. A súa base de operacións está no Aeroporto Internacional José Martí, na Habana. Creouse en 1929 e opera a distintos destinos entre América, Europa e Asia.

Historia Coñecida popularmente como Cubana, fundouse o 8 de outubro de 1929, cando en América só existían 8 aeroliñas e no resto do mundo 21 e tamén fundadora da IATA. Comezou como Compañía Cubana Nacional de Aviación Curtiss amosando a súa asociación co fabricante de avións Curtiss. Iniciou os seus primeiros voos nacionais en 1930. En 1932 comprouna Pan Am, deixando fóra a palabra Curtiss. En 1944 cambiouse novamente o nome, esta vez a Compañía Cubana de Aviación. Xa polo ano 1945 a maioría das accións son mercadas por investidores cubanos, quedando así Pan Am só co 42%. O primeiro voo internacional realizouse en 1946 a Miami, usando avións DC-3. En xuño de 1948 iniciou os seus voos transatlánticos coa ruta A Habana-Madrid. En 1954 a compañía pasou a ser enteiramente de propiedade cubana. En 1959, coa chegada da Revolución, nacionalizouse e cambiouse o seu nome a Empresa Consolidada Cubana de Aviación. A propiedade pertence á Corporación de Aviación Civil de Cuba, S.A. (C.A.C.S.A) que depende do Instituto de Aeronáutica Civil de Cuba.

Actualmente Cubana de Aviación é a aeroliña de bandeira en Cuba, adicada ao transporte de pasaxeiros, carga, correo e voos chárter. Ten 32 sucursais no exterior e 13 oficinas en Cuba. A compañía tamén conta cun servizo de voos privados.

A principios de 2008 a Unión Europea publicou unha lista negra de compañías aéreas e aeronaves que terían prohibido operar en calquera dos seus países membros, así como sobrevoar o seu espazo aéreo. Debido á súa maior siniestralidade, comparada con outras compañías aéreas, Cubana de Aviación ía ser incluída en dita lista, porén finalmente non foi incluída ao alcanzarse un acordo que obrigaba a Cubana de Aviación a modificar os seus procedementos de mantemento e operación coa fin de mellorar a súa seguridade.

Destinos miniatura|250px|Il-96 no Aeroporto Internacional José Martí da Habana Destinos nacionais A Habana Baracoa Bayamo Camagüey Cayo Largo Cienfuegos Nueva Gerona Guantánamo Holguín Cayo Coco Manzanillo Moa Santiago de Cuba Santa Clara Varadero Las Tunas

Destinos internacionais Europa 20px|border España Madrid / Aeroporto de Madrid-Barajas 20px|border Francia París / Aeroporto de París-Orly 20px|border Italia Roma / Aeroporto de Roma-Fiumicino 20px|border Reino Unido Londres / Aeroporto de Londres-Gatwick 20px|border Rusia Moscova / Aeroporto Internacional Sheremetyevo miniatura|250px|Tupolev Tu-204 no Aeroporto Internacional El Dorado de Bogotá, Colombia

Norte e Centroamérica 20px|border Canadá Montreal Toronto 20px|border Costa Rica San José de Costa Rica 20px|border México Cidade de México Cancún 20px|border Panamá Cidade de Panamá miniatura|250px|Cabina da clase económica dun IL-93 da compañía

O Caribe 20px|border Bahamas Nassau 20px|border Xamaica Kingston Montego Bay 20px|border República Dominicana Santo Domingo

América do Sur 20px|border Chile Santiago de Chile / Aeroporto Internacional Comodoro Arturo Merino Benítez 20px|border Colombia Bogotá / Aeroporto Internacional El Dorado 20px|border Venezuela Caracas / Aeroporto Internacional de Maiquetia 20px|border Arxentina Buenos Aires / Aeroporto Internacional Ministro Pistarini

Próximas rutas Agárdase que en 2010 Cubana de Aviación comece a voar cara a Luanda (Angola) e á Paz (Bolivia)"Cubana de Aviación desea operar desde enero en el país", artigo en Opinión ..

Tamén entra nos plans da compañía retomar os voos a Lima (Perú) dependendo do éxito da operación de TACA na ruta Lima-A Habana-Lima. Do mesmo xeito, a finais de 2010 establecerase a ruta Camagüey-Madrid.

Frota miniatura|250px|Avión de Cubana de Aviación en pleno voo A frota de Cubana de Aviación está composta por:

(2) Airbus A320 (Arrendados por Taca) (2) Boeing 737 (1) Boeing 767 (4) Il-96 (2) Il-62 'Classic' (Retirados a principios de 2009) (2) Tupolev Tu-204 (Dous de Cubana Cargo e dous de pasaxeiros) (1) ATR-42 (2) Antonov An-24-RV (3) Yakovlev Yak-42-RV

Compañías asociadas Ademais de Cubana de Aviación, existen outras pequenas aeroliñas nacionais funcionando actualmente en Cuba:

Cubana Cargo (pertence a Cubana de Aviación) AeroCaribbean (realiza voos internacionais polo Caribe e voos privados) ENSA Aerogaviota Aerotaxi

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da compañía

Categoría:Aeroliñas de Cuba