A Associazione Calcio Firenze Fiorentina é un club de fútbol italiano, da cidade de Florencia, na rexión da Toscana. Foi fundado en 1926 e xoga na Serie A.

Uniforme Uniforme titular: Camiseta violeta, pantalón violeta, medias violetas. Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón branco, medias brancas. Segundo uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias vermellas.

Estadio

miniatura|200px|esquerda|Stadio Artemio Franchi 2007.

O Stadio Comunale Artemio Franchi é un estadio de fútbol, situado na cidade de Florencia. Serve de sede habitual á Fiorentina.

O estadio foi construído en 1931 e ten unha capacidade de 47 290 asistentes. O arquitecto da obra foi Pier Luigi Nervi e é un dos exemplos máis relevantes da arquitectura do século XX na cidade.

Ao comezo púxoselle o nome de Stadio Giovanni Berta en honra a un novo mártir fascista florentino, logo da guerra foi rebautizado como Stadio Comunale dei Firenze. En 1983 novamente cámbiaselle o mombre ao recinto polo seu nome actual Stadio Artemio Franchi en honra do dirixente da Fiorentina e expresidente da UEFA, que faleceu nun accidente de tráfico nese ano.

Xogadores Categoría principal: Xogadores do ACF Fiorentina. Palmarés Torneos nacionais

Serie A (2): 1955-56, 1968-69 Copa de Italia (6): 1940, 1961, 1966, 1975, 1996, 2001 Supercopa de Italia (1): 1996

Torneos internacionais

Recopa de Europa (1): 1960-61 Subcampión da Liga de Campións da UEFA (1): 1956-57 Subcampión da Copa da UEFA (1): 1989-90

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial (en italiano)

Fiorentina