Robert Anthony Rodríguez, nado en San Antonio (Texas) o 20 de xuño de 1968, é un director de cine estadounidense, ademais de guionista, produtor e músico. É coñecido por realizar diversos filmes, tanto independentes como de estudio, con poucos orzamentos. Principalmente roda e produce as súas películas nos estudios Troublemaker, dos que é dono, sitos en Austin, Texas.
A súa carreira en Hollywood comezou grazas á súa ópera prima, titulada O mariachi (1993).
Traxectoria É o terceiro dos oito fillos dunha familia de pais inmigrantes mexicanos. Despois de rematar o instituto, estudou na Universidade de Texas.
Eu 1993 estreou O mariachi, que escribiu, dirixiu, fotografou, montou e gravou o son cun orzamento de 7.000 $. Columbia Pictures comproulle os dereitos e asinou un contrato de dirección de dous anos con Rodríguez. O mariachi, estreado en lingua castelá, gañou o Premio do Público á Mellor Película Dramática do Festival de Cine de Sundance, como tamén outros galardóns nos festivais de Berlín, Múnic, Edimburgo, Deauville e Yubari.
Despois escribiu, produciu, dirixiu e montou Desperado (1995), unha secuela de O mariachi, para Columbia Pictures. Esta película deu a coñecer a Salma Hayek ao público norteamericano, así como a Antonio Banderas nun papel protagonista. Rodríguez tamén escribiu, dirixiu e montou The Misbehavers (1995), que tamén protagonizou Antonio Banderas e que constitúe unha das catro partes de Four Rooms, de Miramax Films. Máis tarde, formou equipo con Quentin Tarantino en Aberto ata o amencer, de Dimension Films. Rodríguez dirixiu un elenco de actores que incluía a Tarantino, que se encargou de escribir o guión. O seguinte proxecto como realizador de Rodríguez foi The Faculty (1998), de Dimension Films, protagonizada por Josh Hartnett, Elijah Wood e Jordana Brewster.
En 2001, Robert Rodríguez creou Spy Kids, un éxito que foi espremido con Spy Kids 2 e Spy Kids 3-D: Game Over''', que se estreou en Estados Unidos o 25 de xullo de 2003.
Logo no 2003 estreou a terceira entrega da triloxía O mariachi, O mexicano.
Vida persoal Estivo casado con Elizabeth Avellán desde 1990 até 2007, divorciándose dela pouco tempo despois de rodar o seu filme Planet Terror, cando iniciou unha relación sentimental coa actriz Rose McGowan, coa cal estivo prometido pero que se deixaron trala rodaxe de MacheteÉ curmán do actor Danny Trejo, co que colaborou en varias películas como, por exemplo, From Dusk Till Dawn (1996), Spy Kids (2001), ou Machete (2010).
Filmografía miniatura|Rodríguez canda Quentin Tarantino.
Sin City:A Dame To Kill For (2014) - Director, música, produtor, montador Machete Kills (2013) - Diretor, produtor, montador Spy Kids: All the Time in the World (2011) - Diretor, guionista, montador Predators (2010) - Produtor, guionista Machete (2010) - Director, guionista, produtor Shorts (2009) - Director, guionista, produtor, música Planet Terror (2007) - Director, fotografía, guionista, montador, produtor Death Proof (2007) - Produtor As aventuras de Shark Boy e Lava Girl en 3D (2005) - Director, guionista Sin City (2005) - Director, montador, música Spy Kids 3 (2004) - Director, guionista, montador, música, produción Kill Bill Volume 2 (2004) - Música Spy Kids 2: Island of Lost Dreams (2003) - Director, fotografía, guionista, montador, música O mexicano (2003) - Director, fotografía, guionista, montador, produción Spy Kids (2001) - Director, guionista, música From Dusk Till Dawn 3: The Hangman's Daughter (1999) - Produtor, guionista The Faculty (1998) - Director From Dusk till Dawn 2: Texas Blood Money (1998) - Produtor Full Tilt Boogie (1997) - Actor Aberto ata o amencer (1996) - Director, montador Four Rooms (1995) - Director, guionista Desperado (1995) - Director, guionista, produtor Roadracers (1994) - Director, guionista O mariachi'' (1992) - Director, fotografía, guionista Bedhead (1991) (Curta) - Director, fotografía, guionista, produtor, montador, música
Categoría:Nados en San Antonio, Texas Categoría:Nados en 1968 Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América